Onte foi o noso primeiro día de campaña e dedicamos a mañá a esta tarefa nas rúas de Maceda, acompañados polo seu alcalde Rubén Quintas. Era día de feira e a Vila tiña un gran ambiente, pois eran moitas as persoas vindas das parroquias ou de concellos veciños.
Houbo pués ocasión de falar con moitos veciños de Maceda e das súas Parroquias como Asadur,Castro de Escuadro , Foncuberta Tioira, etc.
Pola tarde fixemos tamén unha percorrido polas rúas do Casco Vello de Ourense e ata Mariñamansa, saudando a veciños e entrando en diferentes locais de negocio.
E terminamos a xornada cun mitín no barrio das Lagoas, no local da asociación de veciños Porto Lanuxe.
Interviñeron Miguel Abad, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o conselleiro de sanidade, o baionés Jesús Vázquez Almuiña, eu mesmo e o secretario xeral do PP de G, Alfonso Rueda.
Comecei a miña alocución, reflexionado sobre o lema da nosa campaña "España en serio", poñendo en valor a importancia que ten para unha nación o dispoñer dun goberno sólido e experimentado cando se trata de afrontar os grandes desafíos internacionais e europeos, e tamén aqueloutros dentro do noso territorio como o dos que en Cataluña pretenden a independencia, sen respetar a Constitución e as leis.
Reafirmei o meu compromiso con Galicia e con Ourense e situei o obxectivo de crear emprego e de máis calidade como o máis importante de todos, ademais de manter o crecemento económico como base para manter o noso sistema de benestar social: pensións, axudas sociais, sanidade, educación, etc.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta