Eleccións Xerais 2015: na recta final da campaña en A Ponte e Xinzo de Limia

Onte, no penúltimo día da campaña,  comecei a xornada visitando os arredores da Praza de Abastos nº 1 de Ourense para facer repartición de propaganda electoral e solicitar o voto aos cidadáns. 

Algo que logo continuei na rúa do Paseo, acompañando aos nosos militantes e simpatizantes na carpa alí instalada.
Pola tarde acudín ao barrio de A Ponte para participar nun mitin que foi presentado polo concelleiro   Pepe Araujo  e no que tamén participou o alcalde da cidade Jesús Vázquez.

Comecei a miña intervención, dando as grazas aos asistentes polo seu apoio e proximidade en tantas eleccións anteriores e tamén lles ofrecín desculpas por todo aquilo da nosa acción de goberno que non estivo acertado e pola conduta inapropiada e nalgún caso delituosa dalgunhas persoas do noso partido que a todos avergoñáronnos e aos que apartamos da nosa formación.

Logo fixen un balance da acción do Goberno de Mariano Rajoy destacando o gran esforzo por abordar os problemas enormes que padecía España: recesión económica, paro masivo, falta de crédito, ameaza de rescate, descrédito internacional.  Pedíronse sacrificios aos españois e ao mesmo tempo emprendéronse importantes reformas como a laboral (orientada á creación de emprego), a do sistema financeiro (para salvar os depósitos de centenares de miles de aforradores e os postos de traballo de miles de empregados), a das administracións públicas, a do sistema de pensións (para asegurar a súa sustentabilidade e garantir que xamais poidan ser conxeladas) e un longo etcétera.

Afirmei o compromiso de Rajoy con Galicia nesta Lexislatura xa que recibiu entre 2012 e 2015 un total de 5.753 millóns de investimento do Estado, o que representa case o 13% do total rexionalizado, destacando o do ministerio que dirixe Ana Pastor, que está a servir para garantir as infraestruturas de vertebración territorial que durante anos reclamamos por ser de xustiza para a nosa Comunidade. Neste sentido destaqué o investimento na alta velocidade a Galicia, que supuso contar nos PGE con 2.600 millóns de orzamentos na nosa provincia.

Rematei destacando que estabilidade, emprego, crecemento e confianza son os eixos que poñen de manifesto o éxito do esforzo realizado polos españois.

E que reverter as reformas e desfacer o camiño andado supoñen os principais riscos.Aspirarmos a axudar a crear máis de medio millón de empregos e chegar a uns vinte millóns de ocupados no 2020.

A tarefa non está completa, pero gracias o feito hoxe estamos en condicións excelentes para afrontala.

Finalizada a miña intervención despraceime a Xinzo de Limia, para participar no gran mitin que no Pavillón de deportes se celebraba, e no que interveu o concelleiro e candidato suplente ao Senado, Manuel López Casas, Antonio Pérez, alcalde desta Vila, Miguel Viso e Manuel Baltar.

Este mitin puxo o punto final ao percorrido electoral popular por todos os pobos e vilas da provincia.

 Hoxe venres, o PP celebrará ás oito da tarde o seu mitin central de peche na cidade, no anexo do pavillón dos Remedios, coa intervención do presidente popular de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o alcalde, Jesús Vázquez, e os numeros un ao Congreso e Senado.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.