Eleccións Xerais 2015: ¿Qué futuro nos espera?

Continuando coa campaña informativa do Partido Popular: "30 Días, 30 Respostas", hoxe respóndese a seguinte pregunta:

 ¿Qué futuro nos espera?

España é un país mellor que fai catro anos. Cambiamos a mellor. Onde antes había crise e paro, agora hai emprego e recuperación. Pero agora, non podemos deixar a medias a recuperación de España. Non podemos tirar pola borda todo o esforzo dos españois.

O domingo necesitamos unha gran mobilización para que siga gobernando a moderación, a sensatez, a estabilidade, o crecemento e o emprego. O futuro de España necesita a Mariano Rajoy como Presidente.

Sigamos cara adiante e non volvamos atrás. Pidamos aos españois a súa confianza e o seu apoio para consolidar a recuperación e alcanzar metas máis ambiciosas: unha España con 20 millóns de persoas traballando. Un país de oportunidades e benestar.

Pedimos o voto con ilusión para unha España máis unida, forte e respectada no mundo.

Pedimos un gran apoio para unha nación moderna, estable e avanzada.

Pedimos o voto pola seguridade dos nosos maiores, as oportunidades dos nosos fillos e o benestar de todos.

Pedimos unha gran confianza para seguir construíndo unha España na vangarda de Europa.

España merece seguir entre as grandes nacións da Unión Europea e non converternos en Grecia, nin imitar á peor Venezuela.

https://www.youtube.com/watch?v=rTNHSfDRLqY

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.