viernes, 4 de diciembre de 2015

Eleccións Xerais: Presentación da campaña do PP de Ourense

Esta mañá o presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, presentou a campaña electoral para os comicios do 20 de decembro.

Subliñou que o PP ourensán aspira a reeditar os resultados obtidos nas xerais do 2011, é dicir,  tres de catro deputados e tres de catro senadores. “Presentámonos coa convicción de que somos o único partido que vai gañar as eleccións -engadiu- e se conseguimos ao redor de 45 % dos votos sería posible manter ese terceiro escano e seguir sendo unha das provincias de España con apoio porcentual ao PP, como así fomos nas municipais ou nas europeas”.

Para manter o actual 75 % de representantes, o Partido Popular levará cabo unha campaña en positivo, explicou o presidente provincial, “escoitando moito, con moito traballo e o día 21 pensando xa nas eleccións autonómicas de 2016, pois a política faise día a día e non só en campaña”.

Durante a súa comparecencia, Manuel Baltar deu a coñecer os principais datos da campaña popular, que se resumen así:

- 45.000 euros de orzamento, que se investirán na organización de actos, aluguer de locais, publicidade, trípticos e merchandising.
- 280 actos de campaña.
- Preto de 270.000 envíos de cartas aos ourensáns.
- Distribución de 300.000 papeletas ao Congreso e outras tantas ao Senado.
- Ao redor de 14.400 elementos de publicidade exterior (carteis, bandeirolas).
- 934 interventores e 1.176 apoderados.

O presidente provincial tamén se referiu ao apoio que recibirán por parte de líderes nacionais, citando a visitas da ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez; a secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego; e Juan Vicente Herrera, presidente do PP de Castela-León, sen descartar a posible visita da vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría.

En clave autonómica, o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo estará en cinco ocasiones na provincia e en cada xornada viaxarán ata Ourense unha media de tres conselleiros.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta