Eleccións Xerais 2015: En defensa dos pequenos Concellos

En A Teixeira
Esta mañá viaxamos os candidatos do Partido Popular de Ourense, ao Congreso e Senado ata o pequeno concello de A Teixeira, onde en compañía do alcalde  Miguel Cid Álvarez  e doutros veciños, procedemos á lectura dun decálogo en defensa dos pequenos concellos, que o noso Partido difunde con ocasión das próximas eleccións xerais.




DECÁLOGO EN DEFENSA DOS PEQUENOS CONCELLOS ESPAÑOIS

Os nosos municipios, os nosos pobos, forman parte de nós, das nosas vidas, da nosa historia. O peche dos seus concellos sería o inicio da súa desaparición.

1. O meu concello non se pecha porque os pequenos municipios son a administración máis saneada. A débeda da administración local segue baixando de forma ininterrompida desde fai catro anos e hoxe a metade dos municipios de menos de 5.000 habitantes, non ten débeda.

2. O meu pobo non se pecha porque é quen mellor está a cumprir os obxectivos de estabilidade e quen está tirando do carro da recuperación económica. Por iso, 9 de cada 10 concellos de España pechan os seus exercicios con superávit orzamentario e crean economías de escala que abaratan o custo dos servizos a través das Deputacións Provinciais, institucións que coa reforma realizada son agora máis eficaces e próximas.

3. O meu concello non se pecha porque forma parte da paixón pola nosa terra, as súas paisaxes, a súa cultura, a súa historia, a súa xente. O mundo rural é parte da nosa maneira de ser e de entender o que é ser español. Porque España sen os seus pobos non sería España.

4. O meu concello non se pecha porque os pequenos municipios son a administración que menos nos custa, grazas a que a maior parte dos/as seus/súas alcaldes/esas e concelleiros/as non perciben soldo.

 5. O meu concello non se pecha porque é quen garante e mellor presta servizos públicos que son esenciais para os cidadáns. Se eliminamos os nosos concellos os servizos básicos dos nosos veciños serán prestados desde a distancia e o descoñecemento.

6. O meu concello non se pecha porque os pequenos municipios son elementos fundamentais de vertebración territorial. E non hai razón para cuestionar a administración que mellor articula o Estado, e a máis antiga.

7. O meu concello non se pecha porque para os seus veciños, o concello é a primeira administración, e a máis próxima. Para moitos españois a única administración que presta de maneira directa servizos públicos esenciais é o seu concello.

8. O meu concello non se pecha porque é a mellor manifestación da democracia. Non hai maior proximidade entre o elector e o seu representante elixido nas urnas, que a que existe nun concello.

En Celanova
9. O meu concello non se pecha porque forma parte da vida de cada un dos seus veciños, que teñen os mesmos dereitos que o resto de cidadáns.

10. O meu concello non se pecha porque os pequenos municipios son esenciais para combater o despoboamento do medio rural. Son imprescindibles para que os nosos pobos e a súa poboación non envellezan, para que os seus mozos non se vexan obrigados a buscarse o seu futuro lonxe deles, nas cidades.

Finalizado o acto da Teixeira, desprazámonos a Celanova, e alí en compañía do alcalde José Luis Ferro Iglesias e concelleiros, percorremos as rúas desta fermosa e monumental Vila, nun día de feira, o que nos permitiu saudar a moitos dos seus veciños.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

 

Con la tecnología de Blogger.