miércoles, 9 de diciembre de 2015

Eleccións Xerais 2015: De campaña en Cudeiro, Celanova e Verín

CUDEIRO

Onte pola mañá a nosa actividade de campaña electoral levounos á parroquia ourensá de Cudeiro, onde mantivemos un encontro coon simpatizantes e integrantes da aasociación de veciños. 

Estivo connosco Jesús Vazquez, Ethel Vázquez e Enrique Nóvoa "Poly".

CELANOVA

Pola tarde tivemos mitín en Celanova, no que o protagonista especial era Alberto Núñez Feijóo, o candidato número un ao Congreso pola provincia de Ourense, Miguel Ángel Viso, e ao presidente provincial, José Manuel Baltar.

Feijóo, sinalou que o PP é un proxecto sólido de Goberno ante partidos persoa nos que non se atopa nada se se profunda neles.

Alí apuntou que no debate electoral celebrado onte evidenciouse a diferenza que hai entre falar e gobernar, xa que isto último require de moito máis que palabras. 

Para Feijóo, o Partido Popular é un equipo con acreditada capacidade de xestión e é un goberno que acadou resultados tomando decisións que só buscaban xirar a situación en beneficio da xente, aportando así a solidez necesaria para gobernar.

Así mesmo, para o presidente, no tripartito opositor non se atopa nada porque empezan e terminan na oratoria e telexenia dos seus candidatos e, por iso, onte diluíronse. No caso de Ciudadanos, sinalou que o partido de Albert Rivera comezou a desinflarse debido a que hai que facer algo máis que repetir catro frases nas que non se di nada de relevancia.

No que respecta ao PSOE,  indicou que quedou definitivamente en mans de Podemos xa que Pedro Sánchez non mellora en nada a Zapatero e non considera que ese partido sexa o que precisa este país.

COUSAS POR ACADAR

Na súa intervención, Feijóo lembrou que dende a entrada no Goberno dos populares recuperouse o futuro, a economía crece e volve a crearse emprego, quedando atrás o rescate grazas ao esforzo dos españois. 

O dirixente do PPdeG confesou que, pese a que cometeron erros, tamén houbo acertos e hai que lembrar que custou moito chegar ata onde agora estamos. Por este motivo, Feijóo asegurou que non debemos desperdiciar o esforzo da xente tirando por terra o conseguido e pediu o voto polo que os populares poden seguir acadando. 

Nesta liña, comentou que non está o traballo rematado nin o estará namentres haxa persoas sen atopar emprego, as familias non poidan chegar máis desafogadas a fin de mes ou non haxa igualdade de oportunidades entre todos os españois. 

GALICIA E ESPAÑA

Feijóo quixo lembrar que hai partidos que estas eleccións buscan votos en Galicia a costa de ir en contra de España e tamén hai outros que buscan votos no resto do país a costa de ir en contra da nosa comunidade.

Segundo o líder dos populares, non hai que elixir entre unha das dúas senón que pode escollerse Galicia e España co PP. Desta maneira, evítase que partidos nacionalistas repitan aquí o que o Goberno de España non permitirá en Cataluña, que non volva a mala xestión dos socialistas e que tampouco acaden poder partidos que demostran que Galicia lles da igual. 

Tamén salientou o importante que é para Galicia que Mariano Rajoy sexa presidente pois, como indicou, el é o motivo  polo que a nosa comunidade si está agora nos presupostos, nas decisións e nas prioridades do Goberno de España.

VERIN

Logo do acto de Celanova viaxamos a Verín,para asistir ao mitín no que tamén participou a cabeza de lista popular ao Senado, Miri Barreira, e o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

Manuel Baltar dixo que o Partido Popular caracterízase pola súa vocación europeísta e “nós necesitamos máis Europa para seguir avanzando sobre as bases da cooperación e maila integración, como así o demostramos coa eurocidade Verín-Chaves”.

Lembrou Baltar que a eurocidade Verín-Chaves é unha das cinco que existen en España “e o seu exemplo serviu para que se crease unha segunda en Galicia: Tui-Valença”. Esta iniciativa, apuntou, amosa como a cooperación internacional é fundamental para o desenvolvemento dos territorios transfronteirizos, onde a terra, as xentes e mesmo a cultura moitas veces non entenden de barreiras políticas”.

Esta cooperación non só pode facilitar a captación de fondos europeos, engadiu, “senón que tamén eliminou todos os inconvintes do efecto fronteira para ser unha oportunidade de desenvolvemento económico, social e cultural”.

A candidata número uno ao Senado, Miri Barreira, lanzou pola súa banda aos presentes unha mensaxe onde subliñou a experiencia das persoas do Partido Popular “que non personalismos, para loitar contra a crise, para levar a cabo un proxecto que nos permita seguir crecendo e facendo equipo con Galicia, con Ourense e con Verín”. 


“Temos ideas novas –dixo- para deixar atrás a crise e conseguir levar a recuperación máis preto de cada fogar”. O PP, lembrou, foi quen de baixar os impostos, mellorar as pensións ou crear novas liñas de axudas para as familias con máis dificultades, “e agora temos un novo obxectivo para afianzar esa recuperación, como é chegar aos 20 millóns de empregos dentro de catro anos”.