Eleccións Xerais 2015: ¿Baixaron os impostos con Mariano Rajoy? e ¿Ten España agora máis recoñecemento internacional que antes?

Continuando coa campaña informativa do partido Popular: "30 Días, 30 Respostas", hoxe respóndense a dúas preguntas.

¿Baixaron os impostos con Mariano Rajoy?
A velocidade de recuperación da nosa economía permitiu adiantar a baixada de impostos prevista para xaneiro do 2016 a xullo de 2015. 20 millóns de contribuíntes están a gozar dunha redución media do 23,5% do irpf durante este ano.

 ¿Ten España agora máis recoñecemento internacional que antes?

Nesta lexislatura con Mariano Rajoy recuperamos o prestixio internacional perdido durante o goberno do PSOE de 2007 a 2011. España volve ter credibilidade na UE e o resto do mundo.

Grazas aos esforzos dos españois hoxe somos a cuarta economía da zona euro e a décimo cuarta do mundo. O proxecto do PP está á cabeza de Europa. Somos un partido europeísta que considera que a unión é a resposta aos grandes retos da globalización. Por iso, seguiremos reformando e modernizando a UE como espazo de liberdade, prosperidade compartida, emprego, solidariedade e oportunidades.

https://www.youtube.com/watch?v=PmbmxbetoH8


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.