En novembro descende o paro rexistrado en España, aínda que medra en Galicia e Ourense

Esta mañá coñecemos que o número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego, estos son os datos:

OURENSE:

Medra a o paro rexistrado en novembro en relación co mes anterior en 849 persoas, un 3,50 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do ano pasado, 2.169 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do - 7,96 %. 

O número de parados queda en 25.082, deles 11.433 son homes e 13.649 mulleres, 23.628 son maiores de 25 anos e 1.454 menores.

Por sectores: 1.363 son da agricultura, 3.265 da industria, 2.783 da construción, 15.363 dos servizos e 2.308 do colectivo sen emprego anterior.

GALICIA:

O paro rexistrado de Galicia medrou en novembro en 3.066  persoas con respecto a outubro (un 1,38 %).

A nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do ano pasado, 23.474 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,44 %. 

O número de parados queda en 225.158, deles 102.709  son homes e 122.449 mulleres, 213.530 son maiores de 25 anos e 11.628 menores.

Deles 8.770 son da agricultura, 27.534 da industria, 26.046 da construción, 144.356 nos servizos e 18.452 do colectivo sen emprego anterior.


No mes de novembro rexistráronse en Galicia un total de 225.158 persoas desempregadas. Isto supón un aumento de 3.066 persoas respecto a outubro, o que en termos porcentuais se traduce nun incremento do 1,38%.

Galicia rexistra algo máis de dous anos de baixadas consecutivas interanuais (este é o vixésimo quinto  descenso, con 23.474 persoas menos, -9,44%).

Este mes de novembro rexistrouse a maior baixada interanual en termos absolutos de toda a serie histórica (estatísticas desde 1996), e a segunda en relativos (a maior foi no ano 1998). É o terceiro ano consecutivo no que se consegue reducir o paro en novembro en termos interanuais

Grazas a esta evolución, Galicia sitúase a niveis de paro inferiores aos de novembro de 2010, isto é, de hai 5 anos.

Con respecto ao aumento mensual, cabe lembrar que novembro é un mes onde se adoitan producir ascensos do paro. Neste caso, trátase da segunda menor, tanto en termos absolutos como relativos, desde 1998

 ESPAÑA

O número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou no mes de novembro en 27.071  persoas, un – 0,65 % respecto ao mes anterior.

Trátase da maior redución do paro rexistrado nun mes de novembro en toda a serie histórica. Nos oito últimos anos o paro rexistrado aumentou máis ou menos no mes de novembro en 52.340 persoas.

En termos desestacionalizados, o paro reduciuse en 47.381 persoas o mes pasado. Esta caída tamén é a maior de toda a serie nun mes de novembro. A variación mensual do paro desestacionalizado reduciuse en 29 dos últimos 31 meses.
No último ano o paro rexistrado diminuíu en 362.818 persoas, a maior redución anual do paro rexistrado en toda a serie histórica nun mes de novembro. A redución interanual do desemprego continúa reducíndose a un ritmo do 8% (8,04%). Non se alcanzaba este ritmo de redución interanual nun mes de novembro desde o ano 1.999.

Con este descenso, a cifra total de desempregados sitúase en 4.149.298 persoas. Destaca a evolución do paro entre os mozos menores de 25 anos, que se reduce en termos interanuais en 49.728 persoas, un ritmo de descenso que alcanza o 11,9%, moi superior á media xeral do 8%.

O paro rexistrado diminúe entre os traballadores de todos os sectores de procedencia. Baixa entre quen desempeñara a súa última actividade na Construción con 10.218 desempregados menos (-2,28%), en Agricultura e Pesca en 7.153 persoas (-3,52%), en Industria en 5.311 (-1,35%), en Servizos 1.455 (-0,05%) e entre o colectivo de persoas Sen Emprego Anterior en 2.934 (-0,81%).

O paro rexistrado baixa en 10 comunidades autónomas entre as que destacan Andalucía (-17.900), a Comunidade Valenciana (-9.807) e a Comunidad de Madrid (-4.678). Sobe, en cambio, nos 7 restantes, encabezadas por Illas Baleares (9.843), Galicia (3.066) e Canarias (1.477).

A contratación indefinida crece un 13% No mes de novembro mantense o incremento do número de contratacións dos últimos meses. Así, formalizáronse 1.604.843 novos contratos, o que supón un aumento do 15,8%, respecto ao mesmo mes de 2014.

 En novembro rexistráronse 132.867 contratos de traballo de carácter indefinido, que representa un incremento de 13,01% sobre igual mes do ano anterior. As contratacións indefinidas representan no mes de outubro o 8,3% de todos os contratos rexistrados. A contratación indefinida a tempo completo aumenta un 12,84% con respecto a novembro de 2014.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.