martes, 8 de diciembre de 2015

Eleccións Xerais 2015: de campaña en Ourense e Coles

Onte a nosa campaña consistiu nunha visita á Praza de Abastos  nº 1 de Ourense e os numerosos postos do mercadiño situados no Paseo do Barbaña, xa que sendo día 7 era feira. 

Repartimos os nosos trípticos electorais e tivemos ocasión de conversar con moitos veciños e tamén forasteiros que visitaban Ourense.

Logo fomos  ao Campo dá Feira, onde compartimos con centeneares de comensais o riquísimo polbo acompañado de bo pan e viño. 

Pola tarde o noso destino foi o veciño concello de Coles, onde celebramos un mitin no que interveu o noso presidente local Luis Antonio Iglesias , a Conselleira Ethel Vazquez e o número uno da lista popular ao Congreso.

 Miguel Ángel Viso, advertiu que “sen o Partido Popular non poderemos seguir avanzando, porque nós achegamos experiencia fronte a experimentos e ausencia de xestión. Xusto o que non necesitamos”, en referencia aos candidatos doutras formacións. 

Viso subliñou que o PP se presenta a estas eleccións cun programa ambicioso, “mentres que o resto de partidos só expoñen ocorrencias como un goberno tripartito, que sería nefasto para consolidar a recuperación”. Neste sentido chamou a atención sobre experimentos pasados e fracasados “como a etapa do bipartito na Xunta ou máis recentemente o Concello de Ourense”. Hoxe, co PP “o que temos é estabilidade e iso é o que buscamos”.

Pechou o acto Manuel Baltar cualificou como incontestables os bos resultados obtidos en materia de emprego grazas ás reformas e as políticas emprendidas polo Partido Popular. Aínda que as cifras do mes de novembro non foron as esperadas, sinalou, “o único certo é que no último ano o paro descendeu na provincia en preto de 2.200 persoas e temos 1.083 afiliados máis á Seguridade Social”. 

“En decembro de 2011, -engadiu Baltar- máis de 28.217 ourensáns estaban no paro; hoxe hai pouco máis de 25.000. E iso só conséguese cun proxecto de goberno que soubo poñer en marcha políticas activas de emprego e que, agora, quere dar novas oportunidades, en especial aos mozos e parados de longa duración.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta