martes, 3 de noviembre de 2015

Os datos de outubro prognostican a final de ano unhas matriculacións de automóbiles por encima do millón de unidades,


Onte coñecemos que o pasado mes rexistrou  un total de 80.055 matriculacións cunha alza do 5,2%, sendo o mellor mes de Outubro desde o ano 2009. De non existir este efecto estatístico, o mes rexistrase un crecemento do 16%. Son xa 26 meses de crecementos continuados.

 No período Xaneiro-Outubro o mercado de turismos presenta un crecemento do 20,5% cun total de 863.973 unidades. A falta de dous meses, xa se superaron as cifras alcanzadas no últimos catro anos. Con este resultado, ANFAC, FACONAUTO e GANVAM dan por seguro que este ano o mercado excederá o millón de unidades.

Estas mesmas organizacións resaltan que a confianza do consumidor e a confianza empresarial atópanse en cotas moi altas e iso trasládase ao consumo, cuxo principal indicador é a venda de coches. A fotografía do consumo é hoxe moi diferente á de hai uns anos e un dos principais artífices desa recuperación son as constantes alzas do mercado de coches, que teñen un efecto tractor e transversal sobre outros sectores moi importante, que provoca unha forte e intensa dinamización en sectores como o seguro, o financiamento, os recambios, etc.

Todas as canles mostran unha tendencia positiva no acumulado do ano. A canle de empresa, no período Xaneiro-Outubro, afiánzase como o que maior crecemento presenta cunha alza acumulada do 32,7% e un total de 234.354 unidades. A canle de particulares, ata Outubro acumula unha alza do 18,3% con 465.250 unidades. Por último, a canle de rent a car, aumenta un 11,9% no acumulado con 164.369 unidades.

O pasado mes de outubro en Galicia vendéronse 3.207 unidades un 6,2 % máis que no mes anterior. No período Xaneiro-outubro vendéronse 31.693 unidades, o que representa un crecemento do 11,1 %.

Polo que se refire á provincia de Ourense, no pasado mes de outubro en Galicia vendéronse 406 unidades un 2,64 % menos que no mes anterior. No período Xaneiro-outubro vendéronse 3.491 unidades, o que representa un crecemento do 7,42 %.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta