Esta mañá coñecemos que o número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego, estos son os datos:
OURENSE
Medra a o
paro rexistrado en outubro en relación co mes anterior en 727 persoas, un 3,09
%.
A nivel interanual, isto é, con respecto
a outubro do ano pasado, 2.025 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o
que supón unha caída do desemprego do - 7,71 %.
O número de parados queda en 24.233,
deles 10.895 son homes e 13.338 mulleres, 22.819 son maiores de 25 anos e 1.414
menores.
Por sectores: 1.325 son da agricultura,
3.234 da industria, 2.709 da construción, 14.733 dos servizos e 2.232 do
colectivo sen emprego anterior.
GALICIA
O paro rexistrado de Galicia medrou en
outubro en 6.355 persoas con respecto a setembro (un 2,95 %).
A nivel interanual, isto é, con
respecto a outubro do ano pasado, 21.952 persoas saíron en Galicia das listas
do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,00 %.
Galicia
xa acumula dous anos de descensos interanuais consecutivos. En concreto, esta
é a vixésimo cuarta baixada. É a segunda maior baixada
interanual dun mes de outubro de toda a serie histórica en termos absolutos,
isto é, desde 1996. Ademais, por segundo ano consecutivo redúcese o paro nun
mes de outubro de xeito interanual. Temos menos inscritos nas oficinas dos que
había hai cinco anos.
O número de parados queda en 222.092, deles
100.815 son homes e 121.277 mulleres, 210.807 son maiores de 25 anos e 11.285
menores.
Deles 8.378 son da agricultura,
27.283 da industria, 25.620 da construción, 142.609 nos servizos e 18.202 do
colectivo sen emprego anterior.
Por sectores, destaca o comportamento
positivo do sector da construción e do colectivo de persoas sen emprego
anterior, onde o paro rexistrado baixa en 97 e 324 persoas respectivamente. O
aumento do desemprego mensual concéntrase principalmente no sector servizos
(+5.278), seguido da agricultura e pesca (+ 1.165) polo fin da vendimia.
Por
provincias, o desemprego incrementouse en todas elas con respecto ao mes de
setembro: en Pontevedra (+3.371), seguida pola Coruña (+1.705), Ourense (+727)
e Lugo (+552).
ESPAÑA
O número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos
Servizos Públicos de Emprego aumentou no mes de outubro en 82.327 persoas, un
2,01% respecto ao mes anterior.
O paro
sempre se incrementou nos meses de outubro ao longo de toda a serie histórica.
Nos oito últimos anos, aumentou máis ou menos no mes de outubro en 102.450
persoas.
En
termos desestacionalizados, o paro reduciuse en 6.727 persoas o mes pasado. A
variación mensual do paro desestacionalizado descendeu en 28 dos últimos 30
meses.
No
último ano o paro rexistrado diminuíu en 350.435 persoas, a maior redución
anual do paro rexistrado en toda a serie histórica nun mes de outubro. A
redución interanual do desemprego sitúase preto do 8% (7,74%), un ritmo que non
se alcanzaba nun mes de outubro desde 1.999.
Con
este descenso, a cifra total de desempregados en España sitúase en 4.176.369 persoas.
Destaca
a evolución do paro entre os mozos menores de 25 anos, que se reduce en termos
interanuais en 47.595 persoas, un ritmo de descenso que alcanza o 11,3%, moi
superior á media xeral do 8%.
O paro
rexistrado diminúe entre quen desempeñou a súa última actividade na Construción
con 3.835 desempregados menos (-0,85%). Pola contra aumenta en Servizos en
61.072 persoas (-2,26%); en Agricultura e Pesca en 21.595 (11,88%), en
Industria 2.906 (0,74%) e entre o colectivo de persoas Sen Emprego Anterior en
589 (0,16%).
O paro rexistrado baixa en 2
comunidades autónomas: na Comunidade Valenciana (-6.890) e no País Vasco
(-823). Sobe, en cambio, nos 15 restantes, especialmente en Castela-A Mancha
(15.843), Castela e León (11.826) e as Illas Baleares (10.813).
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta