Na XXIX Carreira do San Martiño

Hoxe ás 11 horas dunha fría mañá de novembro deuse en Ourense o pistoletazo de saída para os 5.366 inscritos na proba absoluta da XXIX Carreira do San Martiño, na que tiñamos que cubrir a distancia de 10.000 metros dun circuito con saída na ponte do Milenio e chegada no pavillón dos Remedios.
Antes de sair, gardamos un sentido minuto de silencio en recordo das vítimas dos terribles atentados de París.
A proba foi gañada con autoridade polo atleta marroquino afincado en Ourense Hassan Lekhili  nun tempo de 30:52.

 Na categoría feminina, gañou a atleta canguesa Solange Pereira cun tempo de 34:48.

Finalmente case 5.000 corredores cruzamos a liña de meta. 
Un ano máis cumprín o meu obxectivo que non era outro que disfrutar facendo deporte entre tantos miles de deportistas, de todas as idades e procedencias, correr polas rúas da miña cidade e facer un tempo acorde co meu nivel de adestramento e idade. Terminei facendo 55:08.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.