sábado, 14 de noviembre de 2015

Comeza o XX Festival de Cine de Ourense

Asisto esta noite a Gala inaugural do XX Festival de Cine de Ourense na que foi proxectada a película “Lobos sucios”, do director galego Simón Casal. Un filme relata unha historia de loita, amor e cobiza ligada á extracción do wolfram na localidade valdeorresa de Casaio durante a segunda guerra mundial, e que permite ver imaxes fermosas do Teixadal.

A maioría das películas seleccionadas para a final son óperas prima ou segundas películas dos seus directores, en liña coa aposta do Festival polos novos valores do panorama cinematográfico. A vixésima edición recibiu 347 longametraxes (222 de ficción, 123 documentais e 2 de animación), procedentes dos cinco continentes, o que supón unha cifra superior á máxima acadada ata esta data, que estaba en 218 traballos. Así mesmo, hai que engadir 57 curtametraxes.


A grande novidade entre os traballos finalistas da presente edición reside en que, por vez primeira, entran dous documentais, “Dark Horse” e “Killing Time”, que xunto co resto optan a seis premios: Mellor película, Carlos Velo ao Mellor Director, Mellor Guión, Premio Especial do Xurado, Mellor Interpretación e Premio do público. O valor total dos premios é de 17.000 euros. Tamén é novidade a destacada representación española, con tres películas.


Co alcalde de Ourense  Jesús Vázquez
No acto ianugural tomou a palabra o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen falo da gran festa do cine que comezaba hoxe e que trae un cento de filmes formalmente innovadores, tematicamente comprometidos, e independentes, social e intelectualmente.

Rematou cunhas palabras do cineasta galego Chano Piñeiro, o director de “Sempre Xonxa”, tamen rodada en terras valdeorresas: 

“Facer cine en Galicia é posíbel. Facer cine en galego é necesario, calquera cultura que queira sobrevivir precisa do cine”.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta