Minuto de silencio no Congreso condenando os atentados de París

Asisto hoxe ás 12 horas convocado polo Presidente do Congreso dos Deputados, Jesús Posada, ao minuto de silencio na escalinata da Carreira de San Jerónimo, como mostra de condolencias e de condena polos atentados de París do 13 de novembro. 

En representación de Francia estaba o seu embaixador en Madrid, Yves Saint-Geours.

Había presenza de deputados da maioría dos Grupo Pârlamentarios, especialmente dos dous maioritarios, así como de funcionarios e traballadores do Congreso.

A bandeira de Congreso dos Deputado loce a media hasta desde o sábado, día 14 de novembro, como sinal de duelo polas vícitmas.

Relacionado co anterior, resalto as palabras pronunciadas onte en Turquia do presidente do Goberno Mariano Rajoy: Ningún país é inmune ás poutadas do terror. Por esta razón a primeira obrigación dun goberno responsable é extremar a protección dos seus cidadáns fronte a todo tipo de riscos e ameazas".


Tras os atentados de Paris o Presidente do Goberno convocou o Consello de Seguridade Nacional, que é o órgano supremo da Seguridade Nacional, aprobada nesta lexislatura como un dos instrumentos políticos, lexislativos e operativos máis avanzados do mundo en materia de seguridade.


A Seguridade Nacional - que é unha política de Estado - busca dar resposta de forma efectiva e integral aos diferentes riscos e ameazas que nos afectan: conflitos armados, terrorismo, ciberamenazas, crime organizado, inestabilidade económica e financeira,¡.
 E tamén a vulnerabilidade enerxética, a proliferación de armas de destrución masiva, espionaxe, emerxencias e catástrofes, fluxos migratorios irregulares, vulnerabilidade do espazo marítimo e vulnerabilidade das infraestruturas críticas e os servizos esenciais, entre outros.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.