lunes, 16 de noviembre de 2015

Comeza a perforación do Túnel de Bolaños (vía esquerda), da (LAV) Madrid-Galicia

Hoxe Adif alta Velocidade infórmanos sobre o inicio da perforación do Túnel de Bolaños (vía esquerda) pertencente ao subtramo Vilariño-Campobecerros VI da Liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Galicia. Paralelamente, Adif xa finalizou a construción do Túnel de Bolaños na súa vía dereita.

O Túnel de Bolaños ten unha lonxitude de 6.769 m de lonxitude e atópase situado nos termos municipais de Castrelo do Val e Vilariño de Conso, ambos na provincia de Ourense. Hai que destacar que, actualmente, este subtramo é o único que se constrúe con tuneladora.

Para a execución do túnel utilizarase unha máquina tuneladora TBM, consistente nun escudo simple para roca, dotada dunha roda giratoria de corte do terreo no seu parte frontal. O material escavado é evacuado ao exterior do túnel mediante unha cinta de transporte continua.

O sistema de execución con TBM permite un sistema de construción continuo no que se reviste a escavación de forma inmediata, mediante a colocación das dovelas de formigón prefabricado, deixando terminada a sección do túnel a falta dos acabados, plataformas e drenaxe interior. Unha vez construído, a sección do túnel será de 52 m2 e aloxará unha vía de ancho estándar ou UIC (1.435 mm).

O contrato tamén inclúe a construción de varias galerías de comunicación entre os túneles de vía dereita e vía esquerda, separadas entre si aproximadamente 400 m e cunha sección duns 18 m2.

O túnel terminarase cun falso túnel construído ao descuberto en cada un dos seus extremos, con lonxitudes de 54,2 e 18 m, que permitirán a integración ambiental dos emboquilles.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta