Sobre o reforzo dos incentivos da Xunta para a instalación de empresas en Galicia ofertando solo industrial desde 38 céntimos de euro o metro cadrado en réxime de dereito de superficie

Leo hoxe a reseña do Consello da Xunta de Galicia do pasado venres onde foi coñecido un informe sobre as novas condicións baixo as que se poderá acceder a solo empresarial na nosa Comunidade, que gaña así en competitividade e atractivo para o desenvolvemento de proxectos empresariais fronte a Portugal. 


Deste xeito, os parques empresariais galegos ofertaranlles solo en condicións óptimas ás empresas interesadas en instalarse en Galicia sen que sexa preciso realizar un forte investimento na súa adquisición. 

Os adxudicatarios dos dereitos de superficie poderán construír as instalacións necesarias para desenvolver o seu proxecto empresarial nas parcelas que lles correspondan a cambio dun canon anual, equivalente a unha porcentaxe do prezo de venda da parcela. 


Os pagamentos serán menores nos primeiros anos, tendo en conta que nesa etapa a empresa deberá afrontar os investimentos derivados da instalación e mesmo poderá desfrutarse dun primeiro ano de carencia se se solicita. A evolución do canon que deberán pagar será a seguinte:

* 1 ano de carencia, se se solicita. 
* 1,5% do prezo de venda da parcela nos dous seguintes anos.
* 2,5% do prezo de venda da parcela nos dous seguintes anos.
* 3,5% do prezo de venda da parcela no resto do período de vixencia da concesión. 

Durante os dez primeiros anos da concesión, os adxudicatarios poderán exercer o dereito de compra das parcelas ao seu prezo orixinal e descontando unha parte do pago en concepto de canon. 

O prego establece que o prazo de vixencia do dereito de superficie será de trinta anos, prorrogables ata un máximo total de sesenta anos por acordo entre as partes. Transcorrido o período de vixencia do dereito de superficie, a plena propiedade do solo, do subsolo e das edificacións construídas polo superficiario en cumprimento das súas obrigas, reverterá no organismo público correspondente. 

No prazo máximo de tres anos, os adxudicatarios deberán ter edificadas as súas instalacións e obtida a licenza de actividade, tal e como establecen os pregos de bases dos concursos de venda de solo da Xunta de Galicia, co obxectivo de garantir que os investimentos e a creación de postos de traballo se realizan no prazo máis curto posible. 

As empresas que opten á adxudicación de dereito de solo deberán obtén a declaración de “proxecto singular” pola súa relevancia para a economía e o emprego, e valorarase que supoña un investimento mínimo de 8 millóns de euros ou a creación de 20 postos de traballo. 

Estas medidas comezarán a aplicarse en decembro en máis de 2 millóns de metros cadrados de parques empresariais propiedade de Xestur e se estenderán aos do Instituto Galego da Vivenda e Solo nunha segunda fase. Isto será posible, logo de que o pasado mes de abril o Consello da Xunta aprobase o Decreto polo que se regula o réxime xurídico de solo empresarial xestionado polo IGVS, habilitando as bonificacións de prezo e permitindo a adxudicación de solo en réxime de dereito de superficie. 

No solo que Xestur dispón actualmente para venda o canon do solo adxudicado oscilará entre os 38 céntimos e os 2,28 euros ao ano por metro cadrado.

 Con esta medida, o Goberno galego dálle continuidade ao programa de incentivos á venda de solo empresarial na Comunidade, logo de poñer en marcha a comezos deste ano un programa de prezos bonificados, que aplica descontos de entre o 30 e o 50% sobre as tarifas de case 1 millón de metros cadrados. 

Ese programa permitiu vender xa 380.000 metros cadrados de solo empresarial en Galicia, unha cifra que case iguala a suma das vendas dos tres anos anteriores e a sitúa nos niveis do ano 2008.

Sen dubida unha excelente iniciativa para estimular os asentamentos de industrias nos nosos parques empresariais.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.