Eleccións Xerais 2015: a lista do PP de Ourense ao Congreso será liderada por Miguel Ángel Viso

Onte pola tarde coñecemos que o Comité Electoral Nacional do Partido Popular, recibiu as propostas dos cabezas de lista ao Congreso dos Deputados aprobadas polos comités electorais provinciais.

 A lista contén un 61,5% de renovación e un 29% de mulleres cabezas de lista.

O PP comezou a aprobar os números 1 ao Congreso dos Deputados para as próximas eleccións xerais do vindeiro vinte de decembro, unhas listas entre as que hai algunhas novidades pero sobre todo moitas renovacións.

En Galicia, o Partido Popular decidiu renovar aos cabeza de cartel de dous das catro provincias -A Coruña e Ourense-, de modo que Ana Pastor, repetirá como número uno por Pontevedra e Joaquín García Díez á fronte da candidatura de Lugo. Na Coruña liderará a candidatura Miguel Lorenzo e en Ourense  Miguel Ángel Viso Diéguez.

Felicitacións a todos eles e moi especialmente ao novo primeiro candidato da miña provincia, unha persona de grandes cualidades humanas e profesionais e que é o actual presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.