miércoles, 14 de octubre de 2015

Feijóo: " Houbo unha resposta galega á crise e por iso avanzamos agora cara unha recuperación tamén galega”

Vexo hoxe por televisión e desde o meu despacho no Congreso a intervención do presidente da Xunta Alberto Núñez  Feijóo no Parlamento de Galicia e no marco do Debate sobre o Estado da Autonomía.

Nunha longa intervención sinalou que “a recuperación das contas públicas se destinará á recuperación dos fogares” coa maior baixada de impostos nuns orzamentos e maior apoio directo ás familias.

O obxectivo é responder ás demandas populares de que os efectos da recuperación cheguen a todos os fogares, que se siga creando emprego, que se fortalezan os sectores primarios e que o impulso social e económico se complete tamén cun impulso territorial.
Lanzou a todos os galegos e galegas a mensaxe de que “Galicia ten futuro” e “é dona do seu futuro”, por iso, “eu procuro estar atento ao que Galicia diga”.
Lembrou que o Goberno galego procurou dar respostas ás demandas dos cidadáns e así evitou os problemas derivados do déficit, controlou a débeda, mantivo e mellorou os servizos públicos esenciais- aos que hoxe se destinan 8 de cada 10 euros dos orzamentos- e blindou o autogoberno.
Asegurou que a intención do Goberno galego é seguir dando respostas reais no novo contexto ao que Galicia se dirixe a través de “novas políticas e novos equipos que se adecúen ás novas demandas e ás novas aspiracións da xente”. Con respecto a isto, asegurou que “escoitar aos galegos é un exercicio preceptivo e vinculante para calquera goberno” e ese compromiso de seguir facéndoo ten o seu reflexo na renovación do Executivo autonómico, “concibida para unha situación económica e social que tamén está cambiando”.
Tamén fixo fincapé en que os Orzamentos para 2016 serán outro punto de inflexión para conseguir todos eses obxectivos, posto que “contarán cun aumento significativo de recursos” respecto ao exercicio actual, tratándose pois do “maior incremento orzamentario desde 2008, en coherencia coa mellor situación na que nos atopamos”.
Dixo que o Plan contra a desigualdade económica sumará novas medidas ás xa aprobadas contra desafiuzamentos e de apoio a escolares con familia en dificultades
O 99% dos galegos non pagarán sucesións e doazóns en familiares ascendentes, descendentes e cónxuxes, porque quedarán exentos deste tributo os primeiros 400.000 euros de herdanza para todos
A Xunta traballará por que Galicia sexa o lugar con maiores atencións públicas sanitarias e sociais á infancia, con medidas como axudas directas para todas as nais e pais na manutención e crianza dos fillos
O Goberno galego concretará nos orzamentos do próximo ano 2016 un programa de impostos cero no rural, que suprimirá os tributos da xunta nas transmisións de solo rústico.
Avanzou o Presidente da Xunta, axudas ás familias; axudas directas á infancia; unha rebaixa da presión fiscal nalgúns tributos que máis penalizan ás clases medias; unha aposta por uns servizos públicos mellor financiados e máis modernos; e con iniciativas para a vertebración do territorio e do noso tecido produtivo, apoiando aos nosos sectores básicos como son o rural, a pesca, o sector industrial ou os servizos. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta