Na fermosa estación ferroviaria de Toledo

Como dicía na anterior entrada onte viaxei desde Madrid a Toledo nun tren Alvia e puiden coñecer a estación da capital de Castela a Mancha, que me chamou a atención pola súa beleza.

Documéntome e vexo que é obra do arquitecto Narciso Clavería, Marqués de Manila, foi  inaugurada en 1919 e restaurada en 2005 con ocasión da chegada da alta velocidade.

É de estilo neomudéjar e está declarada Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento  desde 1991.

Chama a atención o impresionante vestíbulo interior no que se evidencian artes decorativas a base de rejerías, yeserías, artesonados, vidreiras, cerámicas, mobiliario, lámpadas, etc. E é espectacular o forxado do despacho de billetes.

Sen dúbida esta estación está a altura da moumentalidade de Toledo, sendo un bo expoñente da categoría do rico legado patrimonial da arquitectura ferroviaria española.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.