lunes, 19 de octubre de 2015

Sobre o último Pleno da X Lexislatura

O Congreso dos Deputados votará mañá as emendas do Senado ao Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2016. Se a Cámara Baixa dá o visto e prace aos cambios, as contas para o próximo ano quedarán definitivamente aprobadas.

Tamén se debaterán tres mocións. En primeiro lugar, debaterase a moción presentada polo Grupo Vasco sobre "a actitude entorpecedora" do Goberno español cara ao exercicio e desenvolvemento do autogoberno vasco en materia de seguridade. A continuación, debaterase a moción de UPyD sobre a oficialidade do castelán como lingua común, e unha moción presentase por ERC (Grupo Mixto) relativa ás perspectivas do Goberno sobre o futuro de Cataluña.


O mércores, desde a 09,00h, terá lugar a Sesión de Control, a última da X Lexislatura, coas preguntas dos grupos parlamentarios aos membros do Goberno.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta