Interviñeron os presidentes autonómicos, entre eles o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que destacou o labor do Goberno de España e do presidente, Mariano Rajoy, ao longo desta lexislatura. Neste sentido, afirmou que, aínda que "tocounos percorrer o camiño máis difícil, por encima de todo mantivemos un gran Goberno e estivemos ao servizo dos españois".
Así mesmo, Feijóo resaltou que os gobernos do PP "tiveron que dicir á xente moitas veces que non porque tiñamos que dicir a verdade e para poder dicir a partir de agora que si". Despois desta etapa, Feijóo puxo en valor que agora "somos un país estable, que está a crecer, que baixou impostos e que ten moitas máis posibilidades e esperanzas".
Con todo, tamén subliñou que "España non estaría hoxe como está se Rajoy non fose o presidente do Goberno. Isto non sería posible sen os españois e se non tivésemos á fronte do Goberno a alguén que non se crebou ante as súas obrigacións, que non son outras que as de velar polos intereses xerais de España", afirmou.
Por elo, Feijóo conclúo asegurando que "temos o mellor candidato porque foi o mellor presidente do Goberno na España máis difícil"
Despois dunha intervención da secretaria xeral Dolores de Cospedal foi a quenda do presidente Mariano Rajoy que transmitiu entre outros as seguintes mensaxes:
· "Saímos do buraco sen deixar a ninguén abandonado.
· Presumir non vai no meu carácter, pero teño que dicir que estou orgulloso como gobernante e como español.
· Que poden prometer agora os que nos deixaron ao bordo da quebra e do rescate.
· Ou seguimos avanzando pola mesma ruta da recuperación, do emprego e da seguridade, ou deixamos todo tirado e ímonos en busca da incerteza
· Hoxe pretenden cambiar os nosos feitos polas súas palabras. Agora din que teñen ideas. Tardaron catro anos en alumalas
· Cada formación política vai ir co seu programa, coas súas prioridades e co seu proxecto de país. O noso chámase emprego e seguridade
· Non estamos a ofrecer unha utopía, estamos a expor un proxecto compartido entre todos e xa demostramos que podemos facelo realidade
· Somos un partido que naceu coa democracia española, non fai un cuarto de hora. Somos un partido creado desde a base.
· Somos o PP, o partido que está ao servizo de España cando as cousas póñense complicados."
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta