domingo, 4 de octubre de 2015

Cambios no Goberno galego para abordar o novo contexto de crecemento

Acabamos de coñecer que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asinou hoxe os decretos polos que se modifica a estrutura do Goberno galego e nomea novas conselleiras e conselleiros.

A renovación na Xunta supón un novo impulso social, económico e territorial para abordar o novo contexto de crecemento.

Ademais da aposta polos servizos públicos, refórzanse os ámbitos rural e marítimo para que a recuperación poida chegar a todos os sectores e ámbitos poboacionais; así como o medio ambiente e a ordenación do territorio para que esta sexa sostible. Así mesmo, lígase o emprego á promoción económica e á innovación industrial.
A remodelación supón unha maior presenza do ámbito social no Goberno coa creación dunha Consellería de Política Social, na que estará ao fronte José Manuel Rey Varela. Así mesmo, Jesús Vázquez Almuíña será o novo conselleiro de Sanidade.
Por outra banda, esta remodelación supón redobrar esforzos no sector primario. Ángeles Vázquez Mejuto será conselleira do Medio Rural e Rosa Quintana Carballo a conselleira do Mar.
Este cambio de Goberno tamén reforza o ámbito da ordenación do territorio coa creación dunha Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que estará ocupada por Beatriz Mato Otero.
O impulso desta renovación é tamén económico. Créase a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, na que será conselleira Ethel Vázquez e as competencias de traballo pasan a formar parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria con Francisco Conde como conselleiro. 
Noraboa aos nomeados.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta