sábado, 3 de octubre de 2015

A afiliación media a Seguridade medra en setembro en 8.916 personas

Onte coñecemos que o dato de afiliación media á Seguridade Social en setembro sitúase en 17.189.815, o que supón un crecemento mensual de 8.916 persoas, o 0,05%. Con esta ganancia son dous os anos nos que o Sistema suma afiliados en setembro. Cabe lembrar que tradicionalmente é un mes negativo para a ocupación polo fin das actividades asociadas ao turismo.

En termos anuais o Sistema conta en España con 528.112 afiliados máis, un 3,17%. Hai que remontarse a 2006 para atopar un referente mellor neste mes. A taxa anual da afiliación creceu sete puntos desde setembro de 2012, ano de inicio da Lexislatura.

O Réxime Xeral aumenta en 9.099 persoas (0,07%). Destaca o incremento da ocupación en Educación, con 62.420 persoas (10,38%), seguido de Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares, con 15.140 afiliados máis (1,33%) e Industria Manufactureira, con 10.910 (0,66%)

No lado oposto, sitúase principalmente a Hostalería, que descende en 48.449 afiliados (-3,92%). Séguenlle Comercio, Reparación de Vehículos de Motor e Motocicletas, que diminúe en 28.641 (-1,27%) e Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, con 18.770 (-1,34%).

O Sistema Especial Agrario crece en 35.895 afiliados (5,05%), ata situarse en 745.981 afiliados medios, apoiado na campaña da vendima. O Sistema Especial do Empregados do  Fogar diminúe en 1.580 (-0,37%), ata sumar 425.847 ocupados. 

O Réxime de Autónomos conta con 3.165.396 persoas, tras incrementarse en 721 (0,02%). No  Réxime do Mar, en coherencia con esta época do ano,  a ocupación decrece en 878 (-1,35%), ata os 63.965. Finalmente, o Carbón suma 3.768 afiliados medios tras descender en 25 persoas (-0,66%).

Por Comunidades Autónomas, a afiliación aumenta en cinco territorios. Destacan os incrementos relativos da Rioxa (3,01%), Castela A Mancha (2,71%), a Comunidade de Madrid (1,19%) e Canarias (1,08%).  

En Galicia a afiliación media baixou en setembro en 5.724 persoas (- 0,59 %), quedando situada en 957.472 persoas. 

En termos anuais o Sistema conta en Galicia con 20.803 afiliados máis, un 2,22 %.

En Ourense a afiliación media aumentou en setembro en 112 persoas (0,11%), quedando situada en 101.393 persoas. 

En termos anuais o Sistema conta en Ourense con 921 afiliados máis, un 0,92 %.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta