O ministro Alonso anuncia en Termatalia melloras no programa de Termalismo Saudable

Asisto hoxe en Ourense, ao acto de inauguración de Termatalia, a Feira internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar que chega a sua XV Edición.

Comezan así tres días de intensa actividade en Termatalia que está a cumprir o seu 10º aniversario como feira internacional superando os datos de participación ata o momento. A participación de 39 países e de 279 expositores, con masiva presenza de América Latina e tamén de Europa, convertérona na cita de referencia mundial do turismo de saúde, situando ademais a Galicia e a Ourense como centros de capacitación profesional en materia de termalismo. 

O acto no que estivo presente a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o presidente do Comité executivo de Expourense, Juan Carlos Parada; o secretario de Turismo da provincia de Santiago do Estero (Arxentina, país invitado), Ricardo Eslamiada, e o presidente de Balnearios de España e do comité asesor de Termatalia, Miguel Mirones, foi presidido polo ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Alfonso Alonso, que no seu discurso manifestou , que a utilización da cura termal é dobremente útil, xa que evita tratamentos máis lesivos, é recomendable en determinadas terapias de rehabilitación e, ademais, constitúe unha alternativa de turismo. Por este motivo, o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso), aposta polo termalismo desde 1989, cando arrincou o seu programa de Termalismo Saudable.

Dixo que se trata dun proxecto dirixido a persoas maiores e a pensionistas con discapacidade, co obxectivo de ofrecer, a prezos alcanzables, tratamentos termais. Ao longo dos seus 25 anos de vida consolidouse e multiplicou a oferta. Se en 1990 ofertáronse 30.000 prazas, este ano máis de 210.000 usuarios pasarían polo programa de termalismo, o que dá lugar a máis de 15.000 postos de traballo directos e indirectos.

A intención do Goberno é seguir apostando por este proxecto nos próximos anos, para o que, tal e como anunciou Alonso, o Consello de Ministros aprobará mañá a ampliación de crédito de 72 millóns de euros que permitirá asegurar as prazas para 2016 e 2017. O orzamento asignado polo Imserso a este programa será de 36 millóns de euros cada ano.

Así mesmo, o ministro anunciou novidades na próxima edición do programa, que permitirá beneficiarse del a novos usuarios. Para iso, rebáixase a idade de participación dos pensionistas de viuvez aos 55 anos (antes eran 60); poderán participar os non pensionistas maiores de 65 anos (antes eran só pensionistas) e os perceptores de prestacións por desemprego a partir dos 60 anos. Ademais, sinalou que se ampliarán as prazas dispoñibles, superando as de 2015 e o custo será menor para o usuario.

Alonso tamén destacou que Galicia, a Comunidade Autónoma onde se celebra esta feira do turismo termal, é unha das máis activas en termalismo. Unha vintena de establecementos participan no programa do Imserso, con 25.449 prazas este ano, que se incrementarán en 2.200 para o próximo.

Despois realizamos unha visita por diferentes lugares da Feira, deténdonos no bar de augas, onde o Ministro puido ver a ampla gama de marcas, entre elas  as afamadas de Cabreiroá, Verín.

Outro dos aspectos do termalismo destacados durante esta xornada inaugural foi o seu papel como elemento desestacionalizador do turismo. Isto foi o que destacaron tanto a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, como o subdirector de Turespaña, Rafael Chamorro, que foron os encargados de abrir o X Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo que reúnen en Expourense a máis de 50 expertos de 15 países para abordar a actualidade do sector desde distintas ópticas. Rafael Chamorro indicou que se prevén 68 millóns de turistas en España durante este ano e un dos problemas é que se concentran nas mesmas épocas. O termalismo é unha ferramenta moi útil para conseguir alargar a nosa oferta turística ao longo do ano e está a funcionar xa que durante 2014 máis de 2 millóns e medios de turistas aloxáronse ou utilizaron servizos termais, de talasoterapia ou spa.

Esta primeira xornada de Termatalia serviu para poñer en valor as múltiples caras do termalismo: como fonte de saúde, como elemento desestacionalizador do turismo, como xerador de emprego, como elemento de desenvolvemento e de fixación de poboación das áreas rurais (onde se sitúan a maioría dos mananciais) e tamén como negocio. Este último aspecto puido verse hoxe durante a celebración da Bolsa de Contratación Turística na que 35 operadores de turismo de todo o mundo reuníronse cos establecementos termais, centros de talaso e spas presentes na feira.


Dentro das accións profesionais celebradas durante esta primeira xornada destacaron ademais o IV Encontro de Políticas Públicas de Termalismo, o Foro de Investidores e o Encontro de Cidades Termais. Todo isto pon en valor a cooperación público-privada á hora de traballar polo desenvolvemento termal.

Despois realizamos unha visita por diferentes lugares da Feira, deténdonos no bar de augas, onde o Ministro puido ver a ampla gama de marcas, entre elas  as afamadas de Cabreiroá, Verín.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.