viernes, 25 de septiembre de 2015

Aprobados os orzamentos xerais da Deputación de Ourense para 2016, tres meses antes de que remate o presente ano

Destaco como un  feito salientable que hoxe o pleno da Corporación Provincial aprobase inicialmente o orzamento xeral da Deputación de Ourense para o exercicio 2016, converténdose así na primeira administración pública que aproba os seus presupostos para o ano seguinte no mes de setembro.

Un orzamento que experimentará un incremento do 2,65 %, pasando de 75,7 a 77,7 millóns de euros, e dispoñerá de 15,5 millóns de euros para investimentos produtivos, mentres que a débeda sitúase no 32 %, mantendo unha progresiva redución dende 2012, ano no que estaba no 116 %.

As contas para 2016 confirman coa subida dos orzamentos a tendencia marcada no exercicio anterior: a recuperación da facenda provincial, sendo as prioridades os servizos sociais, o medio ambiente, a cooperación cos concellos e o desenvolvemento do Plan Ourense 15-19, cos obxectivos centrais dunha visión integral de provincia e o desenvolvemento rural sostible", como afirmou o presidente do goberno provincial, José Manuel Baltar.

Os orzamentos recollen unha redución da amortización da débeda nun 19,37 % e igualmente unha redución dos intereses financeiros nun 81,87 %. Por áreas, as partidas de gasto en Infraestruturas será de 25,5 millóns de euros, mentres que en Augas e Medio Ambiente será de 15,1 M €, en Cultura e Deportes de 8,4 M €, e en Benestar de 7,2 M €. Asemade, o Inorde tamén ve incrementado seu orzamento, pasando de 1,4 a 1,65 M €.

Os obxectivos específicos do orzamento son o Plan Termal, a Axencia da Enerxía e do Medio Ambiente, a Competitividade e a Provincia intelixente, ámbitos nos que se enmarcan proxectos de cooperación cos concellos, como os de empregabilidade (para o que se destinan 910.000 euros) e actividades dirixidas á mocidade (540.000 euros).

A Deputación de Ourense porá en marcha o primeiro plan provincial de apoio á natalidade, para o que destinará un total de 800.000 euros, que se suplementarán en función da evolución de nacementos na provincia, e para o Plan Termal se achegarán 1.250.000 euros, mentres que para o proxecto de eficiencia enerxética e enerxías renovables, un total de 225.000 euros.

Os investimentos produtivos superarán en 2016 os 15,6 millóns de euros, e como accións diferenciadas, os orzamentos contemplan aspectos como o "Clúster" do Viño, potenciar a "Marca Ourense", o evento cultural e musical ICC week, e a internacionalización de empresas ourensás.

Para axudas públicas os orzamentos 2016 destinarán máis de 1,2 millóns de euros a ámbitos do fomento do deporte, benéfico, actividades culturais, escénicas e musicais, grupos políticos, axudas a deportistas e Rallye de Ourense.

Asemade destaca o incremento que terá cada concello dentro do Plan Provincial de Obras, con 55.500 euros para cada municipio e 26.250 para a entidade local menor de Berán, sendo o primeiro ano no que se incorpora nesta partida ao Concello de Ourense. O investimento na rede viaria provincial ascende a 2.000.000 millóns de euros, para as obras municipais destinaranse 5,1 millóns de euros, e no que atinxe ao aspecto político, para acción política provincial destinarase un presuposto de un millón de euros e para formación de cargos locais, 30.000 euros.

No que atinxe ao persoal da deputación, en 2016 o gasto será o 37,50 %, que se incrementa dous puntos con respecto a 2015 por mor dos novos postos nos grupos políticos, polo incremento do 1 % do salario dos funcionarios e polo pago do 75 % da paga extra pendente, que se aboará en xaneiro de 2016. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta