viernes, 25 de septiembre de 2015

Na constitución do Comité de Campaña do PP de G para as eleccións xerais

Hoxe tivemos en Santiago de Compostela una reunión para constituir o Comité de Campaña para as eleccións xerais do PPdeG,  que foi presidida por José Manuel Rey, director da mesma.

Ao rematar Rey apuntou que o PPdeG presentarase ás vindeiras Eleccións Xerais cunha campaña que estará baseada en dúas características: humildade e cercanía.

Segundo as súas palabras, o Partido Popular na súa xestión, puido cometer erros pero “hai que ter humildade para saber rectificar, para falar coa xente e explicar que o país está mellor que hai catro anos”.

A segunda característica será a cercanía. Con respecto a isto, Rey salientou que a Ponencia política que aprobarán en outubro establece novos canles de participación onde se implicarán moi decididamente todos os cargos do partido. “A cercanía resulta esencial nesta campaña e tamén establecer novas fórmulas para que a presenza dunha gran maquinaria como o PPdeG poida estar en cada cidade, en cada pequeno concello, en cada aldea e en cada recuncho de Galicia”, afirmou.

Xa constituído o seu Comité de Campaña para as próximas eleccións, Rey considera moi importantes estes comicios porque serven para que os cidadáns fagan balance do que se fixo e expresen preferencias para os próximos catro  anos.

“Todas as campañas son duras e é necesario explicar o que fixemos e o que imos  facer”, engadiu. Segundo Rey, iso é o que fará o PPdeG nos próximos meses “facer un balance do que fixo en España e en Galicia e tamén dicir o que queremos seguir facendo para o benestar dos galegos e dos españois”.

 “En España o PP preséntase como unha opción seria, de goberno e capaz de resolver problemas. Pola contra, o PSOE preséntase despois de deixar ao país na bancarrota no ano 2011 e parécenos que catro anos son moi pouca pena para un partido socialista na oposición”, asegurou.

Con respecto a outras forzas políticas, Rey recoñeceu que aínda non saben exactamente como van a  concorrer  ás eleccións outras formacións pero que si considera que están facendo encaixes dende un punto de vista partidario e electoral para ver cómo poden volver. “Nos preferimos falar máis da xente, dos proxectos, do que facemos e do que imos seguir facendo”, sentenciou.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta