sábado, 26 de septiembre de 2015

Celebrando os de anos de internacionalidade de Termatalia



Asisto onte pola noite en Santa Cruz de Arrabaldo, a unha cea de gala na que foron entregadas unhas distincións para celebrar os 10 anos de Termatalia como feira internacional e que recaeron en distintas entidades e persoas que contribuíron a que esta cita sexa unha referencia no termalismo mundial. 



Foron:




- PROVINCIA DE SANTIAGO DO ESTERO (ARXENTINA)
- MINISTERIO DE TURISMO E COMERCIO EXTERIOR DO PERÚ
- GOBERNO DE COAHUILA DE ZARAGOZA (MÉXICO)
- AXENCIA GALEGA DE TURISMO
- DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
- CONCELLO DE OURENSE 
-  LIC. TERESITA VAN STRATE
- Dr. FRANCISCO MARAVER EYZAGUIRRE
- INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA- IGAPE
- PROGRAMA DE TRANSFORMACIÓN PRODUTIVA- GOB. COLOMBIA 

E tiven a honra de recibir unha destas distincións que agradezo moi sinceiramente.

O premio consistiu nunha escultura exclusiva realizada por Toño Monteiro, autor tamén doutras esculturas de gran formato relacionadas coa auga que poden verse durante a celebración de Termatalia.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta