Falando en Radio Voz dos refuxiados e do sector lácteo

Reinicio neste mes de setembro a miña habitual participación no faladoiro de Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal, e no que hoxe intervín ao igual que Pablo Mosquera Mata e José Ramón Amor Pan.

Abordamos en primeiro lugar os problemas do sector lácteo, e dixen que a Xunta estivo, está e estará a carón dos gandeiros.

Dixen que estamos diante dun  problema de sobre oferta  con repercusión no prezo do leite que afecta a Galicia, o conxunto de España e outros países de Europa nos que hai mobilizacións en Francia e en Bruxelas.

Valorei positivamente a decisión da Unión Europea de destinar 500 millóns de euros para paliar a falla de liquidez das explotacións leiteiras.  E dixen que mañá celebrarase en Madrid unha xuntanza, na que participará o Ministerio, a industria, a distribución e o sector produtor, da que agardamos que saia un acordo que permita a construción de valor do leite e que manteña un prezo sustentable para o gandeiro.

Tamén destaquei que o ámbito europeo, a ministra García Tejerina traballou para defender a adopción de medidas que permitan reequilibrar o mercado comunitario. E que grazas a este esforzo, como alternativa á suba do prezo de intervención, se inclúe unha nova medida excepcional de mercado: retirar leite desnatado en po.


Falamos logo de que o Prresidente de la Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, esixiu hoxe aos 28 Estados da UE que recoloquen 120.000 refuxiados chegados a Italia, Grecia e Hungría, e insistiu en que esta repartición debe ser obrigatoria.


Durante esta primeira intervención, Juncker tamén propuxo crear un fondo fiduciario de emerxencia de 1.800 millóns de euros, que comezará con 1.800 millóns de euros para facer fronte á crise no Sahel, no Corno de África e o norte de África.


Manifestei a miña coincidencia coas proposta de Juncker no sentido de que a máxima prioridade é e ten que ser a crise dos refuxiados.


Estamos ante unha crise humanitaria de primeira orde e Europa non pode renunciar de ningunha das maneiras a dar asilo a aquelas persoas que teñan dereito a este conforme ao dereito internacional. E recordei a posición do Goberno de España de asumir os 15.000 refuxiados que lle serán asignados, porque o noso país é solidario, responsable e temos capacidade para iso.


Recordei que onte a ministra Fátima Báñez VIII presidiu a Conferencia Sectorial de Inmigración e Emigración en Madrid para analizar, e dar resposta á acollida dos refuxiados sirios que debe ser común, leal, eficaz e ofrecer a esas persoas un futuro digno. 


E que para iso ten encomendou ás direccións xerais das CCAA a que canalicen os recursos a través do sistema de coordinación ofrecido pola Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración, xunto coa FEMP.

Unha conferencia na que participou a Conselleira Beatriz Mato,  e na que amosou a absoluta colaboración” do Goberno galego para a acollida destas persoas anunciando a creación inmediata dun grupo de traballo interdepartamental no seo da Xunta de Galicia, no que tamén participarán as ONGs e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), co fin de unificar os recursos e servizos dispoñibles nos distintos departamentos autonómicos, así como os pertencentes ás entidades sociais e locais.


Con la tecnología de Blogger.