Proposta de acordo para a Estabilidade e Sostibilidade da Cadea de valor do Sector Lácteo

Con gran satisfacción recibo hoxe a noticia de que no Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente presidido pola seu titular Isabel García Tejerina, alcanzouse unha proposta de acordo para a Estabilidade e Sostibilidade da Cadea de valor do Sector Lácteo con representantes da Organización Interprofesional Láctea (INLAC), que agrupa a gandeiros e industrias, e das organizacións da distribución ANGED, ACES e ASEDAS.

A ministra, García Tejerina afirmou que se trata dun acordo que se vai a traducir en mellores prezos ao dispoñer dunha cadea que vai revalorizar o leite. 



Recordou como o pasado 18 de agosto o Ministerio presentou un borrador de acordo para dar sostibilidade e transparencia á cadea de valor do sector lácteo de España. Tamén sinalou que durante este tempo seguiuse traballando de xeito conxunto con todos os eslabones da cadea, "para avanzar nun acordo que, sen ningunha dúbida, será beneficioso para o conxunto da cadea, pero de xeito moi especial para os gandeiros de leite de España". 

Explicou que, este acordo vaise a traducir en estabilidade para o conxunto da cadea (productores, industria e distribución), é dicir, "en organizar mellor as relacións comerciais entre todos, o que se traducirá nun maior valor para os nosos produtos lácteos". 

Apuntou que se traballará para perfeccionalo ata a data da súa firma, e invitou a todos os actores a participar en "esta suma de vontades". 

Destacou que, mentres se asina o acordo alcanzado hoxe e a Comisión termina de perfilar o paquete de medidas cuantificado en 500 millóns de euros, o Goberno traballa para inxectar liquidez ás explotacións gandeiras que están en dificultades. Esta liquidez vaise a facilitar a través da axuda de 300 euros por vaca para aquelas explotacións que están vendendo por baixo dos custos de produción, e das axudas para aquelas que non cobren os custos de amortización dos investimentos realizados nas súas explotacións. 

Por outra banda, a ministra detallou que o compromiso da distribución céntrase en dar valor aos produtos lácteos, que non se utilicen como reclamo 

Segundo apuntou, o acordo propón que as relacións comerciais sexan máis estables, que os acordos comerciais coa industria sexan a máis longo prazo, é dicir, que a distribución e a industria póidanse planificar. Trátase de dar estabilidade ás compras con contratos a máis longo prazo ao longo de toda a cadea alimentaria. 

En relación co compromiso da industria, a ministra sinalou que se traballa nun contrato tipo para dar trasparencia ás relacións entre a industria e os ganaderos. Así mesmo, a industria tamén se compromete a trasladar aos gandeiros parte das melloras que obteñan das relacións comerciais coa distribución. 

Pola súa banda, o Ministerio comprométese a facer un seguimiento puntual do cumprimento do acordo Neste sentido, García Tejerina fixo fincapé no próximo real decreto que vai regular o coñecemento dos prezos de cesión á industria.

 Así, o Observatorio da Cadea Alimentaria será o responsable de analizar periódicamente a cadea de valor do leite líquido para poder dispoñer de datos e información actualizada sobre os prezos e as rentabilidades dos distintos eslabones da cadea.

Agardemos que esta proposta se transforme en un Acordo asinado en vindeiras datas.






Con la tecnología de Blogger.