Visita as obras da nova EDAR de Ourense

Participo hoxe na visita da directora xeral da Auga do Ministerio de Agricultura,
Alimentación e Medio Ambiente, Liana Ardiles, á nova Estación Depuradora de Augas Residuais de Ourense que permitirá tratar as augas utilizadas por unha poboación equivalente próxima aos 355.000 habitantes/equivalentes cumprindo as condicións de vertido que esixen as Directivas Comunitarias.

Ardiles, que estivo acompañada polo delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; a conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a directora xeral de Acuaes, Aránzazu Vallejo sinalou que a nova EDAR corrixirá os problemas estructurales e operativos que presenta a depuradora actual, en concreto, o elevado risco de sufrir inundacións así como a súa falta de capacidade.

A nova instalación terá capacidade para tratar un caudal medio de 72.192 m3 ao día, o triplo da capacidade da actual planta. Un auga que, unha vez tratada, devolverase ao río Miño nas condicións adecuadas, o que contribuirá ao mantemento e conservación das súas ecosistemas asociados.

Sinalar ques esta actuación inclue a demolición da actual EDAR e o acondicionamento e revexetación dos terreos nos que se ubica, como parte da recuperación ambiental e paixsaxistica do espazo da marxe esquerda do río Miño.

A actuación, impulsada polo Plan CRECE e que conta cun orzamento de 59,29 millóns de euros, está financiada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través de Acuaes, con axudas do Fondo FEDER da Unión Europea  a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense.

Está previsto que as obras terminen a finais deste ano, a continuación iniciarase un periodo de probas de tres meses que dará paso a un periodo de posta en marcha dun ano.

Na actualidade xa se executou o 100% das cimentacions e o 95% da obra civil dos grandes elementos como os dixestores, o pozo de auga bruta, o tratamento primario e os reactores biolóxicos.

Así mesmo, tense xestionado a compra de prácticamente o 100% dos equipos e atópanse en fase de montaxe os tratamentos primario e biolóxico.

Sen dúbida unha obra de extraordinaria importancia e moi demandada polos ourensás, que pronto entrará en servizo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.