viernes, 11 de septiembre de 2015

No cale do túnel da Canda da liña de Alta Velocidade a Galicia

Viaxo esta tarde a Vilavella  para asistir ao acto de cale do túnel da Canda (vía esquerda), situado entre as provincias de Ourense e Zamora, na Liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Galicia. Un fito constructivo que supón un importante avance nas obras que se levan a cabo no traxecto comprendido entre Lubián e a capital ourensá.

Durante a súa visita, a ministra de Fomento, Ana Pastor foi a encargada de activar o dispositivo de voladura controlada de mais de 300 quilos de explosivos para completar a perforación deste túnel.

Antes de que remate o mes de setembro está prevista a fin da perforación da outra vía do túnel, que está a ser unha das obras mais complexas da chegada da alta velocidade a Galicia na que traballan arreo máis de 300 personas dende o ano 2012.

Tamén comprobou o grado de execución dos traballos, que se desenvolven conforme ao ritmo previsto para completar a conexión de Galicia á Meseta por alta velocidade.

Cabe destacar que para 2016 prevíronse investimentos por valor de 1.077 millóns de euros en todo o corredor Olmedo-Lubián-Ourense-Vigo, o que pon de manifesto o firme compromiso do Ministerio de Fomento cunha infraestructura clave para o desenvolvemento socioeconómico da comunidade galega.

O túnel bitubo da Canda (unha vía por cada tubo) ten unha lonxitude de 7,3 km. O seu trazado discorre polos términos municipais de Lubián e A Mezquita, supoñendo o nexo entre as provincias de Zamora e Ourense dentro da LAV.

A estrutura está proxectada para a instalación de vía en placa, cunha sección libre de 52 m2 en cada tubo. Ademais, deseñáronse túneles artificiais nos extremos de cada tubo, con lonxitudes de 20 e 72 m na vía dereita e 18 e 72 m na vía esquerda. 

Entre outras instalacións de seguridade, o túnel conta con 18 galerías de urxencia que conectan ambos tubos cada 400 m aproximadamente, cunha sección libre de 21 m2. 

Ademais, cada 1.500 m existen 4 galerías entre ambos tubos que albergarán instalacións de operación e mantemento. Así mesmo, proxectáronse zonas de rescate en ambos emboquilles, situadas na explanación entre ambas vías. 

Unha obra realmente extraordinaria que executa una UTE liderada pola gran empresa ourensá COPASA.