PGE 2016: presentada unha emenda para incrementar a dotación do Museo Arqueolóxico de Ourense



Hoxe o Grupo Popular no Congreso, presentou un centenar de emendas parciais ao Proxecto de Lei de Presupostos Xerais do Estado para 2016.


Entre estas emendas encóntrase unha para incrementar a dotación das obras de rehabilitación do Museo Arqueolóxico de Ourense en 100.000 € de modo que finalmente quede cifrada a partida en 200.000 €.

Con esta emenda, que duplica a cantidade recollida inicialmente cúmprense as previsións adiantadas coa aprobación do PGE de 2015 que eran de dotar a este proxecto en 2016 con 200.000 €.

Nesta Lexislatura o Goberno do PP apostou pro este proxecto, así en 2012 foi redactado en 2012 a Formulación conceptual do Plan Museolóxico, a Análise do Museo, o Programa Arquitectónico e o Avance do Programa Expositivo. A Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos do Ministerio de Educación e Cultura convocou no BOE do 18/06/2014 a licitación da redacción deste proxecto, e a adxudicación a unha UTE foi por un importe total de 397.969 € tivo lugar o 30/10/2014.

O anteproxecto foi entregado á Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos do MECD a finais de 2014 e entregouse en maio de 2015 o proxecto básico, que supuxo unha mellora na organización de circulacións e outros aspectos do proxecto.


A Secretaría de Estado  de Cultura infórmanos que se traballará ao longo de 2015 para a entrega do proxecto de execución dentro desta anualidade. A previsión é que a obra sexa licitada e adxudicada en 2016 de modo que as obras comecen o próximo ano. 


A voceira adxunta do GPP, Matilde Asían, afirmou hoxe que os Presupostos Xerais do Estado para 2016 presentados polo Goberno de Mariano Rajoy "son profundamente sociais porque trasladan o crecemento económico a todos os cidadáns, incrementando o seu benestar e devolvéndoos parte do esforzo realizado durante a crise" e destacou que "o crecemento económico é unha realidade". Así, subliñou que "a recuperación da economía española foi avalada hoxe polos datos que acaba de publicar o Instituto Nacional de Estatística, cun crecemento para España do PIB do 1 por cento trimestral, moi por enriba da media europea que está no 0,4 por cento,".

Para Asían, o máis importante é "que non só crecemos e facémolo cada vez máis rápido, senón que a composición dese crecemento baseado na aumento da demanda, o tirón das exportacións e o bo comportamento con respecto aos investimentos, fan que ese crecemento económico se traslade ao emprego. "Creamos 477.000 novos empregos equivalentes a tempo completo", asegurou a dirixente do PP, á vez que remarcou que nos fai ser razoablemente optimistas ao ao cumpro do noso obxectivo de alcanzar os 20 millóns de españois traballando como tiñamos antes da última etapa do Goberno socialista".

Respecto ás emendas parciais presentadas polo Grupo Socialista, a voceira do PP sinalou que "ademais da infinidade de emendas ás que nos ten afeita a presentar todos os anos, prometendo gastos e investimentos por todos os municipios de España para facer a súa campaña electoral, deberían de presente a única e máis importante emenda". "Unha emenda á totalidade da política económica e xestión do señor Rodríguez Zapatero e que deputado señor Pedro Sánchez votaba e aplaudía dende o seu escano na etapa do Goberno socialista", concluíu a dirixente popular.
Con la tecnología de Blogger.