miércoles, 26 de agosto de 2015

Na Deputación Permanente do Congreso, debatendo entre outros temas de AENA

Participo esta tarde na sesión da Deputación Permanente na que por diferentes razóns, o GPP se opuxo a todas as peticións formuladas polos grupos parlamentarios da oposición para que distintos ministros comparecesen durante os próximos días do mes de agosto en Congreso para dar contas de diferentes asuntos relacionados cos seus Departamentos.
O principal argumento utilizado polos voceiros do GPP foi que se estaba a realizar unha utilización torticera do Regulamento do Congreso que reserva estas comparecencias para asuntos de urxencia e que ademais dentro de cinco días comezará o novo período ordinario de sesións, no que resulta posible susrtancialas si así se decide democráticamente.
Un dos debates nesta tarde xirou sobre a petición formulada polo GPSOE para que a ministra de Fomento, Ana Pastor, explicase en sesión extraordinaria no Congreso a venda do 49% de Aena, ao entender que a operación se fixo de xeito precipitada e de forma poco transparente.

O voceiro de Fomento do GPP, Andrés Ayala, na súa intervención, destacou que a operación se levou a cabo con absoluta transparencia e claridade, polo que non veía necesario que Pastor teña que dar máis explicacións.
Recordou que esta operación comezou cun profundo saneamento da compañía para despois sacar a Bolsa o 49% desta, garantindo así a natureza pública da empresa, e que o valor fixado para a venda foi o máis elevado dos que presentaron as 14 empresas ás que se lles encargou a devandita valoración.
Resaltou ademais que tras a venda se revalorizou o prezo da acción, algo que por suposto beneficia o accionista maioritario, que é o Estado, ao que contribuíu non só a excelente xestión levada a cabo por Aena, senón tamén a definitiva recuperación mostrada pola economía española.

Argumentos de Ayala, que se derivan duns datos incontestables, e que recordo agora.
Durante o ano 2014, os aeroportos públicos da rede de Aena, atenderon un total de 195,9 millóns de pasaxeiros, un 4,5% máis que no ano anterior; operaron máis de 1,8 millóns de voos (+2,3%) e transportaron en torno a 685.200 toneladas de mercadoría (+7,2%). 
De xaneiro a xullo de 2015, o tráfico acumulado de pasaxeiros incrementouse con respecto ao mesmo período de 2014, un 5,3%, o número de voos un 3,2% e a carga transportada un 3,3%, acumulando 18 meses consecutivos de crecemento.
Uns datos que permiten ser moi optimistas en canto ás expectativas de crecemento futuro da compañía e a súa capacidade para continuar xerando valor. Un valor que repercute no seu maior accionista que é o Estado español.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta