jueves, 20 de agosto de 2015

PGE 2016: na comparecencia da presidenta do Instituto de Crédito Oficial (ICO)

Intervín esta tarde na Comisión de Presupostos do Congreso dos Deputados na comparecencia de Irene Garrido Valenzuela, presidenta do Instituto de Crédito Oficial (ICO) dende que tivo lugar o seu nomeamento o 29 de agosto de 2014.



Unha comparecencia que ten lugar no marco do trámite do quinto presuposto que o Goberno elabora nesta Lexislatura, e que hai o tres anos despois de ver como a determinación do presidente Rajoy e o seu Goberno e o grande esforzo e sacrificio da sociedade española impediu que o rescate e o colapso financeiro da nosa Nación fosen unha realidade.

Dixen que "antonte o Gobernador do Banco de España nos informaba que segundo a estimación preliminar coñecida a finais de xullo, a economía española tería crecido un 1% no segundo trimestre deste ano. Un ritmo de crecemento que evidencia o dinamismo que adquiriu a actual fase de recuperación, iniciada hai dous anos.

E engadín que o máis esperanzador é que os indicadores recentes suxiren que se manterá a traxectoria expansiva na segunda metade deste ano. Segundo as últimas estimacións do Banco de España, o PIB crecería este ano lixeiramente por enriba do 3% e algo por debaixo desta cifra en 2016, o que supón que se mantén un crecemento da nosa economía superior á media da área do euro, o que nos está a converter nunha referencia de toda Europa.


Unha recuperación económica que ademais se está a caracterizar por ser intensiva en creación de emprego. Un ritmo de crecemento de emprego e de actividade económica que van en paralelo, algo, que nunca acontecera o seu país.



Dixen que para chegar aquí se fixeron notables esforzos e sacrificios que agora están a obter a súa recompensa. E que a política económica desenvolvida dende o principio da lexislatura foi a correcta: consolidación fiscal para sanear as contas públicas e garantir a sostibilidade do Estado do benestar e reformas estruturais para corrixir os desequilibrios que acumulaba a nosa economía, facéndoa máis flexible e máis competitiva.

Logo destaquei o importante papel anti cíclico que o ICO desempeñou no financiamento dos autónomos, microempresas, pemes durante os anos máis duros da crise, e que agora está a ser substituído polas entidades financeiras privadas, que están a normalizar a súa oferta de crédito.

Celebrei o dato coñecido de que o Instituto de crédito Oficial (ICO) concedeu 508 millóns de euros no primeiro semestre de 2015 a través dos seus programas de financiamento directo (tanto préstamos coma avais). Os préstamos directos multiplicáronse por máis de cinco con respecto aos 92 millóns de euros do mesmo período de 2014.


​ Destaquei a actividade das Liñas de Mediación do ICO, no primeiro semestre de 2015 ao ter formalizado préstamos por importe de 5.984 millóns de euros e mediante 98.159 operacións de préstamo a autónomos e pemes. Estas Liñas seguen constituíndo o núcleo da nova actividade do ICO no ano.

Finalicei a miña intervención preguntando á Sr.a Garrido sobre diversos aspectos, entre outros, a redución da dotación de capital deste ano que pasa a 175 millóns cando no 2015 era de 350 millóns de euros, sobre as novas formas de financiamento para corrixir os desequilibrios de elevado apancamento das empresas estase a apostar, e sobre a diminución dende 18.000 a 9.500 millóns de euros no endebedamento neto do ICO que figura nos presupostos

Tamén sobre o papel vai xogar o ICO no apoio á internacionalización das empresas nos próximos anos. Un papel moi importante, como o acreditan os últimos datos. España rexistrou récord de exportacións e reduciu o déficit comercial no primeiro semestre de 2015: As exportacións españolas de mercadorías creceron un 4,9% interanual de xaneiro a xuño de 2015 (dato 4,5 puntos superior ao do mesmo período do ano 2014) e sumaron 125.122,9 millóns de euros, a cifra máis elevada para un semestre na serie histórica (1971).

Preguntas todas que tiveron cumprida e satisfactoria resposta da presidenta do ICO.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta