jueves, 20 de agosto de 2015

PGE 2016: comparecencias do Subsecretario e do Secretario Xeral do Ministerio de Fomento

Como informaba nunha anterior entrada, onte recibimos na Comisión de Fomento a comparecencia dos principais altos cargos do Grupo Fomento.

O subsecretario de Fomento, Mario Garcés, na súa comparecencia, resaltou que son uns presupostos que confirman que a mellora das contas públicas sentou as bases para un crecemento sostido e sostible do investimento público.


Recordou que a elaboración dos Presupostos do Grupo Fomento en 2012 e 2013 estivo condicionada polo fortísimo incremento da débeda a longo prazo do grupo empresarial, que se triplicou entre o ano 2005 e 2011 e, doutra parte un notable empeoramento dos ingresos do grupo, o cal derivou nunha situación límite.

E dixo que grazas a que fomos ou capaces estes anos de minorar a débeda alí onde era posible, ou mellorar os ratios do servizo desta noutros lugares, hoxe podemos presentar uns presupostos do Grupo Fomento totalmente distintos aos destes anos pasados.

En 2011, 8 empresas do grupo presentaban perdas. En 2015 son só 4 e para 2016 serán só 2 dado que Sepes e Renfe operadora prevén entrar en resultados positivos.

Se en 2011 o EBIDTA do grupo era de 2.036 millóns de euros, en 2016 prevese que o mesmo alcance os 3.036 M€, 1.000 Millóns de euros máis ou o que é o mesmo un crecemento do 49% en tan só 5 anos.

Froito desta mellora constante, os 694 Millóns de euros de perdas en 2011 tornáronse positivos en 2014 e para 2016 espérase que alcancen os 200 Millóns de euros de beneficios.

O Secretario Xeral de Infraestruturas Manuel Niño explicou os obxectivos xerais dos presupostos do Grupo Fomento: Continuar co impulso da recuperación económica, creación de emprego e mellora da competitividade, aumentar do investimento produtivo con retorno económico e social, apostar pola eficiencia e a sostibilidade dos investimentos nas infraestruturas públicas, reforzar a cohesión territorial e a accesibilidade, mellorar a calidade e eficiencia do transporte e por último, culminar as reformas emprendidas nesta lexislatura.


Informou que vos recursos totais do Grupo Fomento ascenden a 19.279 M€. o que representa un crecemento do 10,2% respecto ao PGE- 2015 que foi de 17.496 M€. E o investimento total do Grupo Fomento (capítulos 6,7,8) é de 10.129 M€. Esta cifra supón un incremento do 5'8% respecto do investimento de 2015 (9.570 M€).

Explicou especialmente os presupostos asignados aos investimentos en ferrocarrís e estradas que ascenden a 7.843 M€ o que representa o 77% do investimento total do Grupo Fomento.

Entrou logo no detalle, no ámbito das estradas e autoestradas estatais, que dependen da Dirección Xeral de Estradas, así como a Subdelegación do Goberno nas Sociedades Concesionarias de Autoestradas Nacionais de Peaxe. Informou que, dende xaneiro de 2012 ata agosto de 2015, o Ministerio de Fomento reactivou a execución dun total de 60 obras de estradas, que se encontraban paralizadas ou retardadas a finais de 2011, por un importe global de execución de 4.078 millóns de €.

Dixo que as porcentaxes destinadas a actuacións de conservación e mantemento tanto en ferrocarrís coma en estradas, dan conta de que a seguridade e a calidade de vida dos usuarios segue sendo unha prioridade irrenunciable entre os criterios tidos en conta para a asignación dos recursos dispoñibles ás distintas actuacións.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta