miércoles, 19 de agosto de 2015

PGE 2016: Comparecencia dos altos cargos do Ministerio de Fomento

Dende as 9,00 horas ata as 18,15 do día de hoxe presidín a Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados que na súa orde do día contemplaba as comparecencias relacionadas co Proxecto de Lei de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2016 do Secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, presidente de ENAIRE e presidente SEPES; do Subsecretario de Fomento; Secretario Xeral de Infraestruturas e Presidente de SEITTSA; da Secretaria Xeral de Transporte; do Presidente da Entidade Pública Empresarial Renfe-Operadora; do Presidente de Ente Público Portos do Estado; e do Presidente da Entidade Pública Empresarial ADIF

O primeiro en comparecer foi o Secretario de Estado, Julio Gómez-Pomar, que comezou afirmando o PGE-2015 é o punto de inflexión na Lexislatura, xa que é o primeiro presuposto onde non foi necesario recoller pagamentos de obrigas pendentes de exercicios anteriores, á vez que se continúa coa redución do gasto corrente e se incrementa o investimento produtivo.
Dixo que os recursos do Grupo Fomento para 2016 ascenden a 19.279 M€ o que supón un 10,2% de incremento respecto aos recursos totais de 2015. E que teñen unha clara vocación investidora.
O investimento distribuído por sectores é o seguinte: 5.460 M€ para ferrocarrís (54% do total) 2.383 M€, para estradas (23% do total) 609 M€ para aeroportos e navegación aérea (6% do total) 1.000 M€ para política portuaria e seguridade marítima (10% do total) (+4% respecto PGE-2015) 620 M€ para actuacións de vivenda e chan (6% do total) e 57 M€ para o resto de investimentos (1%)
Logo explicou os distintos investimentos por sectores e concluíu que o Grupo Fomento, a través dos Presupostos vai contribuír a consolidar ese escenario mediante dous piares básicos: o investimento produtivo e a mellora de competitividade a través das medidas liberizadoras e reguladoras. 
Tanto unha como outra están orientadas e dirixidas a facilitar a actividade dos actores económicos que permita que a recuperación e o crecemento se convertan no principal factor de creación de emprego e sexan o inicio dun novo círculo económico virtuoso.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta