jueves, 20 de agosto de 2015

PGE 2016: na comparecencia do presidente de ADIF e ADIF AV

Tamén onte compareceu o presidente Gonzalo Ferre Moltó,  para explicar as liñas de actuación de ADIF e ADIF AV en materia presupostaria ao longo do próximo ano.
Informou que pola nosa rede circularon unha media de 5.858 trens diarios, que percorreron 204.209.918 km e utilizaron 468.012.800 viaxeiros. 
O incremento de actividade púxose de manifesto especialmente no crecemento de viaxeiros en alta velocidade nun 16% que se debe principalmente a un incremento da ocupación de trens, o que ademais pon de manifesto a optimización dos servizos ferroviarios
E o incremento de circulacións de mercadorías de compañías privadas foi dun 28,8% Cada vez máis empresas ferroviarias contan con licenza para transportar mercadorías e as súas circulacións se concentraon nalgúns itinerarios.
Resaltou que por outra parte, grazas ás medidas de reforma que levamos a cabo nos últimos anos, se conseguiron importantes reducións de gasto e incremento dos recursos de ADIF e ADIF Alta Velocidade.
En canto ás previsións para ADIF AV, dixo que todos os datos apuntan cara a un continuo crecemento de viaxeiros en alta velocidade.
A demanda de viaxeiros de alta velocidade segue superando a demanda en rede convencional de media e larga distancia (O ano pasado ascendeu 29,6 millóns de viaxeiros.
Afirmou que ADIF Alta Velocidade está apostando por completar a rede que se encontra en execución, co que nos próximos anos se espera incrementar significativamente o número de viaxeiros en alta velocidade.
Para desenvolver estes obxectivos nos Presupostos Xerais do Estado para 2016 infiormó que están previstos investimentos por importe de 3.686,8 M€, o que supón un incremento con respecto ás partidas dos presuposto de 2015 destinadas a alta velocidade do 1,7%

En canto á rede convencional, dixo que ADIF xestiona uns 13.000 km polos que circula o tráfico de proximidades e a longa e media distancia, así como o tráfico de mercadorías.
Destacou o importante servizo que prestan as Proximidades, que son o corazón do servizo ferroviario, cun total de 408 millóns de viaxeiros en 2014. Case o 90% dos usuarios, máis dun millón de persoas todos os días, utilizan o tren en traxectos de proximidades.
Un ferrocarril, que evita cada día que os accesos viarios colapsen e reduce de xeito significativo a contaminación nas zonas urbanas.
En relación co transporte de mercadorías dixo que resulta necesario definir liñas prioritarias, centrar os investimentos nestas e modernizar a súa xestión e explotación.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta