viernes, 21 de agosto de 2015

En xullo, 8.782.719 turistas internacionais chegaron a España


Coñecemos hoxe a enquisa Frontur - Movementos Turísticos en Fronteira, que elabora a Subdirección Xeneral de Coñecemento e Estudos Turísticos do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, que dá conta que España superou, coa chegada de 37.975.920 turistas internacionais, o récord alcanzado entre xaneiro e xullo de 2014, contabilizando 1,7 millóns de turistas máis e unha variación interanual do 4,7% respecto ao devandito período.


O Reino Unido foi o primeiro emisor do período con 8.739.392 e unha variación do 3,5%, seguido de Francia, con 6.075.378 turistas e un 7,8% máis, e de Alemaña con 5.897.152 turistas e unha suba do 1,3%.


Cataluña foi a primeira comunidade receptora, con 9.779.510 turistas internacionais, un 5,5% máis. Seguiuno Canarias, con 6.594.864 turistas, un 0,9% máis, e Baleares, con 6.526.218 e unha suba do 3,9%. A maior suba destes sete primeiros meses do ano correspondeu á Comunidade de Madrid, un 10,7%.


En xullo, foron 8.782.719 os turistas internacionais que chegaron a España, un 6,3% máis, o que tamén supuxo alcanzar o mellor rexistro histórico para un mes de xullo das estatísticas Frontur. Reino Unido foi o primeiro mercado emisor, con 2.031.330, un 6,4% máis, seguido de Francia, con 1.521.437 turistas e unha suba do 8,5%. Estados Unidos tivo unha variación do 40,5% no mes.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta