Esta mañá, o
presidente do Goberno, Mariano
Rajoy, e a
ministra de Fomento, Ana Pastor,
supervisaron as obras da conexión de alta velocidade entre Madrid e Galicia no
tramo comprendido entre Ourense
e Lubián.
Unha visita á que non puiden asistir por encontrarme cumprindo a miña obriga de presidir a Comisión de Fomento do Congreso, recibindo as comparecencias dos altos cargos do Ministerio para explicar os PGE para 2016.

No seu percorrido,
o presidente do Goberno e a ministra de Fomento comprobaron, entre outros, os
avances de obra no túnel de Prado,
que conta con dous tubos de 7,6 km,
con 52 m2 de sección libre e 4,4 m
de raio cada un.
O túnel de Prado, cuxa
execución supón un investimento global de 201,5 millóns de euros, encóntrase no
subtramo Prado-Porto
(9,1 km)
dentro do tramo Lubián-Ourense
da liña de alta velocidade, que dará continuidade aos tramos Olmedo-Zamora, cuxa
entrada en servizo está prevista para este ano, e Zamora-Lubián que, unha vez concluídos,
permitirán completar a conexión completa de Galicia á rede de alta velocidade,
en 2018.
Nestes momentos,
entre Lubián e
Taboadela, nas
proximidades da capital ourensana,
xa se encontran finalizadas as obras de plataforma no subtramo Miamán-ponte Ambía,
de 6,7 km, e o
resto de subtramos encóntranse en execución.
O avance nos
traballos da LAV
Madrid-Galicia pon de manifesto o nivel de compromiso do Goberno e o Ministerio
de Fomento con Galicia, que se traduciu nuns presupostos de investimentos
globais por valor de máis de 3.500 millóns de euros para a conexión de alta
velocidade ao longo desta lexislatura, aos que hai que engadir os investimentos
previstas nos PGE
2016, que ascenden a 1.076,9 millóns de euros, dos que 733,7 son en Galicia.
Os investimentos na
comunidade autónoma galega centráronse en dúas infraestruturas ferroviarias de
primeira orde para o seu desenvolvemento social e económico: o tramo Olmedo-Ourense da
futura Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia, e o Eixe Atlántico, de
aproximadamente 250 km de lonxitude, que conecta dende abril as cidades da Coruña, Santiago de
Compostela, Pontevedra
e Vigo.
Neste sentido hai que sinalar que, para completar o Eixe Atlántico foi necesario investir máis de 830 millóns de euros ao longo da presente lexislatura.
Estes investimentos permitiron que entre os anos 2012 e 2015 se dese un importante impulso á conexión Madrid-Galicia de alta velocidade, co obxectivo de cumprir o compromiso de poñer a disposición dos cidadáns galegos un transporte de altas prestacións en 2018, con importantes aforros nos tempos de viaxe, e que se concretarán nunha redución de 30 minutos de modo directo unha vez que entre en servizo, ao longo deste ano, a conexión Olmedo-Zamora.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta