domingo, 16 de agosto de 2015

Os aeroportos da rede de Aena crecen un 5,5% e superan os 23,1 millóns de pasaxeiros en xullo

Esta semana, coñecemos que os aeroportos da rede de Aena creceron un 5,5% e superaron os 23,1 millóns de pasaxeiros en xullo. Dato que consolida a tendencia de crecementos que se vén producindo continuadamente dende hai vinte meses no tráfico de pasaxeiro. 

Os pasaxeiros internacionais creceron un 5,3% e os nacionais un 6,3% con respecto ao mes de xullo de 2014.

O Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas é o primeiro da rede por número de pasaxeiros con máis de 4,5 millóns e un crecemento do 13%. Ségueo o de Barcelona-El Prat que rexistrou o mellor xullo da súa historia con máis de 4,2 millóns, un 5,7% máis. O Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas bateu en xullo o seu récord histórico de pasaxeiros internacionais ao superar os 3,3 millóns.


Os tres aeroportos das Illas Baleares obtiveron récord de pasaxeiros nun mes de xullo.



O Aeroporto de Málaga-Costa del Sol rexistrou 1,7 millóns de pasaxeiros e un crecemento do 4,5%.

Os primeiros sete meses de 2015 mostran un aumento do 5,3% con máis de 116,1 millóns de pasaxeiros en toda a rede de Aena.


Aeroportos de Galicia.


O Aeroporto de Santiago continuou a senda de crecemento no mes de xullo e rexistrou máis de 253.000 pasaxeiros, un 14,1% máis que no mesmo mes do ano anterior.



Durante o pasado mes, 253.646 persoas elixiron o Aeroporto de Santiago para realizar os seus desprazamentos (un 14,1% máis que no mesmo mes do ano anterior), dos cales 253.125 utilizaron voos comerciais. Do total de pasaxeiros de voos comerciais, 175.163 realizaron traxectos nacionais (un 9,8% máis que no mes de xullo de 2014) e 77.962 internacionais (un 24,7% máis).

En canto ás operacións, en Lavacolla rexistráronse 2.236 voos (un 12,5% máis), dos cales 1.959 foron voos comerciais, 1.346 nacionais e 613 internacionais (un 23,1% máis).

O tráfico de mercadorías moveu 209 toneladas de carga durante o pasado mes de xullo, un 12,5% de incremento con respecto ao mesmo mes de 2014.

Nos primeiros sete meses de 2015, máis de 1.253.000 persoas utilizaron as instalacións do Aeroporto de Santiago para as súas viaxes, o que supón un incremento do 7,1% con respecto ao mesmo período do ano 2014. O número de aeronaves que operaron en Lavacolla tamén creceu un 4,1%, con 11.497 aeronaves, e o tráfico de mercadorías aumentou un 9,3% con 1.285 toneladas de carga.

O Aeroporto da Coruña rexistrou en xullo de 100.193 pasaxeiros, 1.434 aeronaves e 12 toneladas de carga.


Durante o pasado mes, 100.193 persoas elixiron o Aeroporto da Coruña para realizar os seus desprazamentos, un 5,1% máis que no mesmo mes do ano anterior. Destes viaxeiros, 99.374 utilizaron voos comerciais, 87.460 traxectos nacionais (un 4,7% máis) e 11.914 internacionais (un 8% máis).



En canto ás operacións, en Alvedro rexistráronse 1.434 voos, dos cales 919 foron voos comerciais. Destes movementos, 771 foron operacións nacionais e 148 internacionais.

O tráfico de mercadorías moveu na terminal coruñesa máis de doce toneladas durante xullo de 2015, un 387,5% máis.

No que vai de ano, 588.981 pasaxeiros utilizaron as instalacións do aeroporto, un incremento do 4,2% sobre o mesmo período do ano anterior. Máis de 8.700 aeronaves operaron de xaneiro a xullo (un 0,9% máis) e movéronse, dende a terminal de carga coruñesa, 77 toneladas de mercadorías, un crecemento do 241,3%.


O Aeroporto de Vigo rexistrou no sétimo mes do ano un tráfico de 1.021 aeronaves, 94 toneladas de mercadorías e máis de 79.000 pasaxeiros.


En total, durante o pasado mes, 79.651 viaxeiros usaron o Aeroporto de Vigo para realizar os seus desprazamentos. Destes pasaxeiros, 79.566 utilizaron voos comerciais, 74.822 en traxectos nacionais (un 12,9% máis) e 4.744 en internacionais (un 20,3% máis).



En canto ás operacións, en Peinador rexistráronse ao longo do mes de xullo, 1.021 voos, dos cales 782 foron voos comerciais (un 5,7% máis). Destes, 668 movementos foron operacións nacionais e 114 internacionais.

Pola terminal de carga do Aeroporto de Vigo movéronse durante o sétimo mes do ano, 94 toneladas de mercadorías (un 184,7% máis que no mesmo mes de 2014).

No que vai de ano, polo Aeroporto de Vigo pasaron 392.096 pasaxeiros (un 0,8% máis que no mesmo período de 2014), 5.485 aeronaves e 348 toneladas de mercadorías (un 41,4% máis)