sábado, 15 de agosto de 2015

O Congreso se pronunciará sobre o terceiro rescate a Grecia



Onte coñecemos que o Congreso se pronunciará o próximo martes, 18 de agosto, sobre o terceiro programa de rescate a Grecia, acordado polo Eurogrupo - reunión dos ministros de Economía e Finanzas da zona Euro-, e o fará a través da votación da comunicación do Goberno, á que os grupos parlamentarios poderán formular propostas de resolución.

A votación terá lugar o martes, a partir das 12,00 horas, nunha sesión extraordinaria do Pleno convocada para acoller a presentación e debate da Comunicación do Goberno.


A Xunta de Voceiros reunirase previamente, ás 11,00 horas, para a ordenación final do debate, que se rexe polo establecido no artigo 196 do Regulamento do Congreso dos Deputados.



As comunicacións que remite o Goberno ao Congreso son defendidas ante a Cámara por un membro do Executivo, que non ten límite de tempo. Tras a presentación da comunicación, poden tomar a palabra, durante un tempo máximo establecido inicialmente en 15 minutos, un representante de cada grupo parlamentario.

O Goberno pode responder unha a unha a cada unha das intervencións ou facelo de forma agrupada. Os representantes dos grupos teñen unha réplica dun máximo de dez minutos, segundo a previsión regulamentaria, e se a Xunta de Voceiros non decide outra cousa. O Goberno pecha o debate.

Unha vez concluído o debate, os grupos parlamentarios dispoñen de 30 minutos para presentar ante a Mesa propostas de resolución á comunicación do Goberno. Estes textos serán defendidos polos seus propoñentes por un máximo de cinco minutos ante o Pleno.

Ao termo deste, vótanse segundo a súa orde de presentación, salvo as que supoñan o rexeitamento global ao contido do texto do Goberno, que se someterán a votación en primeiro lugar.