As novas instalacións turisticas do Castelo de Monterrei

O pasado sábado o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo visitaba  o Castelo de Monterrei acompañado pola directora de Turismo, Nava Castro, coñecendo as novas instalacións turísticas do seu Parador cuxa posta en marcha considerou importante para a comarca, pola súa capacidade para xerar, desde o turismo, riqueza e emprego.

Con respecto a isto, o mandatario galego puxo en valor o proxecto de rehabilitación para conservar dito ben cultural, cun investimento “de máis de 3 millóns de euros” -tanto na adecuación do Castelo como dos seus arredores-.
Nesta liña, co fin de facilitar as visitas a este complexo, anunciou que “imos facer os accesos e imos investir máis de 600.000 euros”.

Segundo insistiu Feijóo, a finalidade desta actuación é empregar o edificio para usos culturais, que se manteñen como obxectivo prioritario para revitalizalo con programas como ‘Vive o Castelo’, e tamén para usos turísticos, sen que deixe de ser público.

Nesta liña, o presidente da Xunta fixo fincapé en que este proxecto vai garantir rendibilidade, riqueza e emprego para a comarca. No que atinxe a este último punto, Feijóo subliñou que, con esta aposta reforzada, as 14 persoas que xa traballaban no Parador non só teñen garantido que se manterán os seus postos de traballo, senón que estes serán máis estables.

Concluíu que, grazas a esta iniciativa, recóllense os froitos do compromiso da Xunta cunha das riquezas culturais máis importantes de Ourense, como é o Castelo, abríndoo en parte ao uso hoteleiro pero garantindo que siga sendo público e manteña o seu carácter cultural.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.