Unhas necesarias obras de rehabilitación de firme da autovía A-52

Coñecemos hoxe uha boa nova, o Ministerio de Fomento, segundo publica o Boletín Oficial do Estado (BOE) de hoxe, formalizou os contratos das obras de rehabilitación do firme en varios tramos da autovía A-52 en Ourense, nos termos municipais da Mezquita e A Gudiña. O importe dos contratos é de 301.883,59 euros.

A autovía A-52 en Ourense presenta importantes tráficos pesados, de longo e medio percorrido. Por iso é preciso levar a cabo actuacións de rehabilitación superficial do firme para garantir unhas condicións de axeitada vialidade.

As obras consisten fundamentalmente na renovación superficial do firme, mediante o fresado e posterior reposición con mesturas bituminosas en quente naqueles tramos puntuais que presentan maiores deterioracións, e a extensión de microaglomerado en frío.

Inclúense tamén a substitución das xuntas de dilatación dos taboleiros dos viadutos situados no tramo da autovía A-52 obxecto da actuación e o repintado das marcas viais nos tramos afectados mediante pintura termoplástica en quente.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.