Da sesión de control de hoxe no Congreso destaco a
pregunta de Antonio Hernando,
do Grupo Socialista sobre a valoración polo executivo do exercicio das súas
responsabilidades na preparación, desenvolvemento e seguimento do programa
lexislativo do Goberno e as relacións do Goberno coas Cortes Xerais
Hernando
despois de facer unha crítica á utilización polo PP da súa maioría absoluta para aprobar
setenta e dous decretos-leis, crtiticou
o adianto dos presupostos para 2016 polas vindeiras eleccións xerais.
A resposta da vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría Antón, foi a este
respecto moi contundente. Foi a seguinte:
! Que "cuajo" ten señor Hernando ao falar de Presupostos Xerais
do Estado, botándollo en cara a este Goberno, cando no ano 2011 adiantaron eleccións
a piques dun rescate para non presentar Presupostos Xerais do Estado!. Señor Hernando, o seu é amnesia política completa porque lle recordo que, como consecuencia desa
medida, este Goberno o primeiro que tivo que facer, a tres días de tomar
posesión, foi aprobar un decreto-lei para poder pagar as pensións e o resto de
pagas públicas aos cidadáns españois, aos que vostedes deixaron ao bordo dun
rescate. Señor Hernando,
este Goberno vai a aprobar cinco Presupostos Xerais do Estado; iso é
seriedade e responsabilidade. O que a vostede lle doe é que a responsabilidade
deste Goberno pon de manifesto a irresponsabilidade do Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero,
que vostedes están a recuperar.
E se
quere que falemos das leis que trouxemos a esta Cámara, das moitas que fixemos,
dígolle por que: porque tivemos que presentar as nosas reformas e as que
vostedes non fixeron; e os resultados están así. Nós non deixamos un país ao
bordo do rescate, recollemos os trebellos e fómonos á oposición; sacámolo del e
hoxe España está como está. Nós levamos a España ao crecemento económico e á
creación de emprego, sacando do paro aos españois que vostedes abandonaron alí.
Hoxe España é o país que máis crece da Unión Europea, grazas ás reformas que
levou a cabo este Goberno, que logrou manter o benestar con moito esforzo e
sacrificio de moitos españois pero tamén co traballo arduo desta Cámara. Non
creo, señor Hernando,
que aos deputados da miña bancada, daquela e desta, lles importe traballar
moito cando se trata de buscar un emprego os españois.
Vostede quéixase de que
ten que traballar; benvido, porque ten un emprego. Este Goberno traballa para
que o resto dos españois tamén o teña".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta