miércoles, 8 de julio de 2015

Falando de Grecia en Radio Voz

Grecia foi o tema central do faladoiro de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal, no que intervín na mañá de hoxe compartindo micrófono con Olaia Fernandez e Pablo Arangüena.

Un tema de actualidade por cuanto esta mañá compareceu no Parlamento Europeo, o primeiro ministro de Grecia, Alexis Tsipras, para falar da tráxica situación desa nación.

Citando o presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, afirmei que vivimos un momento especialmente difícil para Europa e para a nosa unión económica e monetaria e que este dirixente reclamou á Tsipras "clarificacións o antes posible" sobre as propostas que aínda non fixo aos seus socios, e que lle sinalou que nuns días se pode presentar "o peor posible escenario no que todo o mundo perderá e que será sobre todo doloroso para o pobo grego".

Dixen que é máxima a preocupación dos acredores entre eles España que xa comprometeu 26.000 millóns de euros nos rescates a Grecia e que é moi razoable esixirlle condicións e a adopción de reformas creibles a Tsipras.

Tamén citei o presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, que interveu no pleno do PE, e que apuntou que "A resposta á crise grega non é non actuar, senón afondar na unión económica e monetaria para que sexa máis duradeira".

Sinalei que unha saída de Grecia do euro sería un desastre para esa nación, pero tamén para os demais países da eurozona e da Unión. 
Pero mostreime optimista en que tras a petición do terceiro rescate e as negociacións chegue un bo acordo para todos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta