jueves, 2 de julio de 2015

Rajoy anuncia o adianrto a xullo da segunda rebaixa do IRPF

Con sorpresa, pero con moita satisfacción recibo a primeira hora da tarde de hoxe o anuncio do presidente Mariano Rajoy - no marco da celebración do XXIX aniversario do diario 'Expansión' de que o Goberno adiantará ao 1 de xullo a segunda parte da rebaixa do Imposto da Renda das Persoas Físicas que estaba prevista para xaneiro de 2016 e que os cidadáns notarán a rebaixa do IRPF xa na nómina de xullo.

Durante a súa intervención, Mariano Rajoy resaltou que a economía española creceu un 0,9% no primeiro trimestre e para o segundo o Banco de España prognostica un crecemento aínda maior. Por iso, anunciou que o Goberno revisará á alza, este mes de xullo, as previsións de crecemento para 2015 e para 2016. O PIB crecerá o 3,3 % este ano, fronte ao 2,9 % previsto, e o 3 % o próximo ano, fronte ao 2,9 % inicial.

O presidente subliñou que se está a crear traballo "de xeito sólido e crecente", como acreditan os datos de emprego e afiliación á Seguridade Social correspondentes ao mes de xuño. Se en 2014 se crearon máis de 400.000 novos postos de traballo, só na primeira metade deste ano a afiliación aumentou en 480.000 persoas. "O noso obxectivo de crear un millón de empregos entre 2014 e 2015 está claramente ao alcance da man", dixo.

Así mesmo, sinalou que a meta é chegar aos 20 millóns de cotizantes á Seguridade Social ao final da próxima lexislatura: "Se na segunda metade desta lexislatura creamos un millón de empregos, a nosa ambición debe ser crear outros dous millóns durante a próxima".


Rajoy destacou que España leva 21 meses recuperando competitividade respecto á principal economía do euro, a alemá, e que as exportacións supoñen o 32,4% do PIB: "É unha porcentaxe superior ao que presentan EUA, Reino Unido, Xapón, Francia ou Italia. Levamos ademais dous anos consecutivos con superávit exterior e con previsión de mantelo este ano e os tres próximos".

Ademais, refordó que España "cumprirá co obxectivo de estabilidade presupostaria establecido coas autoridades europeas, ao igual que sucedeu nos anos anteriores,". En opinión do presidente, o cambio que se operou nos últimos tres anos "é o cambio que querían os españois, o que protagonizaron os españois e o que agora hai" que "consolidar".

Presupostos e rebaixa do IRPF

O presidente confirmou que o Goberno presentará e tramitará os Presupostos Xerais do Estado do ano que vén porque "é o que convén e necesita España". Os Presupostos serán "o instrumento para dar seguridade aos españois, aos distintos axentes económicos e aos mercados".

Ademais, anunciou que, dado o actual estado de execución dos Presupostos deste ano, o Goberno adiantará ao 1 de xullo a segunda parte da rebaixa do Imposto da Renda das Persoas Físicas que estaba prevista para xaneiro de 2016. "Iso supoñerá un ingreso adicional para os contribuíntes duns 1.500 millóns de euros este ano e verase aplicado sobre as nóminas con efecto da 1 de xullo. É dicir, todos os traballadores notarán na súa nómina unha rebaixa de retencións igual que a que experimentaron en xaneiro deste ano", sinalou.

Mariano Rajoy tamén avanzou que se estenderá o tipo de retención do 15% no IRPF a todos os profesionais (ata agora só aplicábase a aqueles con rendementos inferiores a 15.000 euros). "Con iso mellorarase a liquidez e a capacidade de investimento dos contribuíntes por actividades profesionais", recalcou.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
 Recibirá resposta