Hoxe tivo lugar en Alvedro unha visita oficial da Ministra
de Fomento, Ana Pastor
á recén rematada ampliación de pista do Aeroporto da Coruña, que se puxo en servizo o pasado
25 de xuño.
Tras catro anos de traballos e un investimento total de 131 millóns de euros (incluídas expropiacións e illamento acústico), Alvedro dispón xa dunha infraestrutura que permite que as aeronaves que habitualmente operan neste aeroporto (familia A320) o fagan sen ningún tipo de restrición aos destinos actuais e a rutas de maior alcance, como Centro, Norte e Leste de Europa e Oriente Próximo.
Na obra de Ampliación de Pista do Aeroporto da Coruña, realizáronse actuacións en ambas as dúas cabeceiras. Na cabeceira 03 desenvolveuse a actuación máis importante co incremento de 400 metros de lonxitude da pista, ademais dunha superficie pavimentada de protección contra o chorro das aeronaves, a creación dunha área de seguridade e unha zona libre de obstáculos, e a creación dunha plataforma de viraxe. Todas estas actuacións realizáronse sobre un terraplén que nalgúns puntos alcanza os 35 metros de altura e levou consigo o movemento de máis de 4,3 millóns de metros cúbicos de terra e o uso de preto de 25.000 toneladas de formigón asfáltico.

Un acto no que tamén
participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que avogou
polo traballo coordinado das tres terminais galegas para que Galicia dispoña
dun sistema aeroportuario cada vez máis modernizado e accesible. É, dixo, un
dos maiores desafíos que teñen por diante as cidades con aeroporto nesta nova
lexislatura municipal que comeza, na que o Goberno galego, asegurou, “estará a
disposición dos concellos e do Ministerio de Fomento”.
Destacou que esta ampliación da pista do aeroporto coruñés converterá
este aeroporto nun espazo moito máis seguro para operar, non só grazas á propia
ampliación, senón tamén pola reactivación do dispositivo antinéboa.
Nesta liña, sinalou que os aeroportos galegos, e o de Alvedro de forma
destacada, volven presentar signos dunha forte vitalidade. De feito, apuntou
que a terminal herculina, que rozou en 2014 a meta do millón de pasaxeiros e
acumula en 2015 un novo e esperanzador incremento, afronta o futuro fortalecido
cos elementos necesarios para manter e mesmo elevar esa puxanza.
Pola súa banda Ana Pastor, destacou que esta nova infraestrutura
"vai en liña cos obxectivos do Goberno" posto que pon en valor tanto
o propio aeroporto coma toda a súa área de influencia, contribuíndo á creación
de emprego e á mellora da economía de toda a comunidade autónoma".
Nese sentido, avanzou que vai a asinar un protocolo coa Xunta de Galicia para promover a intermodalidade e facilitar o transbordo de pasaxeiros no transporte público na Comunidade, que afecta ao transporte por estrada, por ferrocarril e por vía aérea.
Un Protocolo que sentará as bases para a colaboración entre Aena, Renfe, Adif e a Xunta de Galicia para facilitar a existencia de rede de transporte integrada que atenda as demandas da cidadanía, con actuacións orientadas a facilitar os desprazamentos con maior rapidez, eficiencia e menor custo. "Procurar a maior fluidez posible entre os transbordos redundará nunha mellora da mobilidade xeral dentro dun territorio como Galicia, no que a existencia de asentamentos dispersos e accidentada orografía obrigan, en moitas ocasións, a utilizar varios modos de transporte", afirmou Pastor.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta