En España xa hai 302.055 parados rexistrados menos que en decembro de 2011

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de xuño de 2015

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en xuño en relación co mes anterior en 881 persoas, un -  3,33 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 1.980 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do - 7,19 %. 

O numero de parados queda en 25.559, deles 11.786 son homes e 13.773 mulleres, 24.121 son maiores de 25 anos e 1.438 menores.

Por sectores, 1.229 son da agricultura, 3.444 da industria, 3.114 da construción, 15.423 nos servizos e 2.249 do colectivo sen emprego anterior.

Estos datos acreditan que a finais de xuño de 2015 hai en Ourense 2.658 parados menos que en decembro de 2011. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en xuño en 7.919 persoas con respecto a maio (un – 3,34 %) 

O numero de parados queda en 229.062, deles 105.211 son homes e 123.851  mulleres, 217.585 son maiores de 25 anos e 11.477 menores.

Diminúe en todas as provincias, especialmente en Pontevedra, tanto en termos absolutos como relativos. O maior descenso por sectores de actividade económica, en termos absolutos, prodúcese no sector servizos; pero cómpre destacar o comportamento da construción, que é o sector económico que máis descende en termos relativos.

Así, 8.059 son da agricultura, 29.232 da industria, 28.502 da construción, 144.263 nos servizos e 19.006 do colectivo sen emprego anterior.

Estos datos acreditan que a finais de xuño de 2015 hai en Galicia 29.172 parados menos que en decembro de 2011.
A nivel interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 23.248  persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,21 %. 
Superamos a media estatal en termos interanuais e intermensuais: Estado: -2,25% Galicia: -3,34% Interanual Estado: -7,40% Galicia: -9,21%
España
O número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en xuño en 94.727 persoas (-2,25 %) e sitúa a cifra total en 4.120.304 persoas a menor cifra dende agosto de 2011. 


Estos datos acreditan que a finais de xuño de 2015 hai en España  302.055 parados rexistrados menos que en decembro de 2011.

Trátase do quinto mes consecutivo de descensos. Nos sete últimos anos, o paro diminuíra por termo medio no mes de xuño en 74.000 persoas.


O paro rexistrado diminúe en case todos os sectores de procedencia dos traballadores. Entre os que desempeñaron a súa última actividade nos Servizos, diminúe en 61.887 persoas (-2,25%). A mesma tendencia se dá entre os que proceden da Construción (-11.706, un -2,44%) e da Industria (-14.139, un 3,41%). Entre o colectivo de persoas sen emprego anterior, o paro redúcese en 4.623 persoas (-1,21%) e nos procedentes da Agricultura sobe en 7.027 persoas (3,60%)

O paro rexistrado baixa nas 17 Comunidades Autónomas, entre as que destacan Cataluña (-20.952), Madrid (-14.090) e Castela e León (-8.255).

Estes datos evidencian unha vez máis que se consolida a tendencia positiva no mercado de traballo.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

 Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.