miércoles, 1 de julio de 2015

O Programa de Axuda Alimentaria 2015 para as persoas máis desfavorecidas.

Recollo a boa nova de que hoxe os ministros de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, e de Sanidade, Seguridade Social e Igualdade, Alfonso Alonso, presentaron nunha sé do Banco de Alimentos, o Programa de Axuda Alimentaria 2015 para as persoas máis desfavorecidas

Un programa que repartirá gratuitamente 113,15 millóns de quilos de alimentos, o que supón un incremento de 64 millóns de quilos de alimentos en relación co programa de 2014. 

O programa 2015 conta para 2015 cunha dotación presupuestaria de 124 millóns de euros, dos cales 118,5 investíronse na compra de alimentos e 5,5 destinaranse a gastos administrativos e de almacenamiento das Organizacións Asociadas de Distribución

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) adquiriu estes alimentos a través de licitacións públicas.

Os alimentos son de carácter básico, pouco perecederos, de fácil transporte e almacenamento. A "cesta de alimentos" inclúe arroz, tarritos infantís, cereais infantís, leite de continuación en po, garavanzos, alubias, leite UHT, aceite de oliva, atún en conserva, pasta alimenticia, tomate frito, galletas, crema de verduras deshidratada, froita en conserva sen azucre engadido e xudías verdes en conserva.

Do almacenamento e reparto por toda a xeografía peninsular e insular, Ceuta e Melilla encárganse Cruz Vermella Española e a Federación de Bancos de Alimentos (FESBAL) a través de 120 centros de almacenamento e distribución.
Entregaranse en todas as provincias de España, un 50% entre os Bancos de Alimentos e o restante 50 % entre os centros provinciales de Cruz Vermella.

Desde alí distribuiranse entre máis de 7.000 organizacións asociadas de reparto, que os farán chegar ás persoas máis desfavorecidas, de maneira que estas poidan preparar fácilmente unha comida completa para unha persoa ou para unha familia con varios membros, incluídos bebés.

Este programa está cofinanciado nun 85% polo Fondo de Axuda Europea para as Persoas máis Desfavorecidas (FEAD) e nun 15% polo orzamento nacional.


 Desenvolverase en tres fases, coa distribución de 32,5 millóns de quilos de alimentos na primeira fase, o que supón aproximadamente o 29 por cento das cantidades totais a distribuír no programa 2015.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

 Recibirá resposta