Non haberá "Grexit"

Por fin, a primeira hora da mañá de hoxe, os presidentes e primeiros ministros dos países da zona euro reunidos desde onte nun cumio extraordinario sobre o euro acordaron iniciar as negociacións sobre un programa de apoio a Grecia baixo o Mecanismo Europeo de Estabilidade.

Un programa que está suxeito a condicións estritas e que vai a acompañado dun paquete de apoio ao crecemento e ao emprego da orde de 35 mil millóns.

Varios parlamentos, incluído o grego, teñen que dar luz verde ao inicio formal das negociacións. Os ministros de economía e finanzas discutirán tamén sobre un mecanismo de financiamento para Grecia a curto prazo.

Ao final da conferencia de prensa, Jean-Claude Juncker, presidente da Comisión Europea declarou "non haberá Grexit. Estou satisfeito tanto do fondo como da forma do acordo" Durante a rolda de prensa destacou o acordo para financiar con 35 mil millóns de euros o paquete para estimular o emprego e o crecemento en Grecia, "algo no que a Comisión Europea fixo sempre fincapé".

Pola súa banda o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, ao termo da citada reunión de xefes de Estado e de Goberno da zona euro manifestou que o acordo alcanzado esta mañá ten por obxectivo o crecemento económico de Grecia e a creación de emprego.

Explicou que este acordo se basea na solicitude por parte de Grecia dun programa de rescate para os próximos tres anos que consiste fundamentalmente nun préstamo por parte das institucións.

O devandito programa leva aparellado o cumprimento dunha serie de obrigas que teñen que levarse a cabo antes de que se aprobe o propio programa. De feito, este mércores Grecia ten que presentar catro proxectos de lei un sobre o IVE, outro sobre as pensións, un terceiro sobre a independencia do Instituto Nacional de Estatística grego e un máis en materia de consolidación fiscal.

Se o Parlamento heleno o aproba, as institucións europeas comprobarán "se as cousas se fixeron como se comprometeron a facelas, dixo Rajoy.

A xuízo do presidente, adoptouse unha boa decisión: "Grecia permanece no euro, todo o que se lle formulou e que se lle pide ten un obxectivo, que é o obxectivo que de verdade resolve os problemas, que é o crecemento económico e o emprego, e iso só se consegue con reformas estruturais, como fixeron outros países da Unión Europea, e, agora, do que se trata é de que todo o mundo cumpra os seus compromisos".

En relación coa creación dun fondo ao que se transferirán activos por un valor de 50.000 millóns de euros, Rajoy explicou que 25.000 deles servirán para recapitalizar entidades financeiras e o resto se dividirá en dúas partes iguais, unha destinarase a reducir a débeda pública e outra dedicarase a investimentos produtivos.

En resposta aos xornalistas, cualificou de "razoable" e "equilibrado" o acordo sobre Grecia alcanzado esta mañá en Bruxelas. Ao seu xuízo, trátase dunha "boa noticia" porque reforza ao euro, "unha moeda na que todos queren estar e ninguén quere saírse", e porque reflicte dous valores fundamentais da Unión Europea: a solidariedade e a confianza.

Rajoy recordou que os Estados nacionais prestaron a Grecia cantidades equivalentes ao 90% do seu Produto Interior Bruto (PIB) e que "esa solidariedade se mantén tras o acordo" de hoxe. Respecto á confianza, para que funcione unha organización como a Unión Europea -da que forman parte vinte e oito países-, ou a zona euro -con dezanove-, debemos confiar os uns nos outros, e a confianza hai que gañarlla, dixo. Rajoy subliñou a importancia de cumprir os compromisos, as regras e os procedementos.


O presidente mostrouse convencido de que se todos levan adiante a súa parte do acordo, "ao final haberá en Grecia crecemento, creación de emprego e, polo tanto, mellorará o benestar e riqueza de todos os cidadáns, que é o tema capital,". 

Unha vez que o Parlamento grego aprobe as leis necesarias e as institucións revisen que cumpriu os seus compromisos, España achegará ao programa -a través dun préstamo do Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE)- en torno ao 11-12%-12 do total, o que lle corresponde polo seu PIB, explicou Rajoy.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.